Nacemento:
Morte:
Peón, 49 anos. Casado con Consuelo Fraga Deibe; tiñan dous fillos. Veciños da rúa Vioño, letra A, na Coruña. Estibador.
Paseado.
Incurso no mesmo procedemento que o alcalde de Sada, Antonio Fernández Pita, ao que acusaran José Cambón Rodríguez e Gumersindo Gómez García de ter entregado armas requisadas aos homes que dirixía José-Antonio Boedo Núñez, quen seguía ordes do Goberno Civil da Coruña.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo no Cuartel de Atocha na Coruña polo delito de rebelión militar o día 13/11/1936, na causa 721/36.
Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, aos xa paseados: Manuel Hermida Hermida, xornaleiro (paseado o 18/08/1936); Pedro Ramírez Menéndez, peón (paseado o 06/09/1936); Gumersindo Gómez García, peón (paseado o 06/09/1936), e José Cambón Rodríguez, peón (paseado o 06/09/1936); Antonio Fernández Pita, alcalde de Sada, pena de morte; José Moreno Torres, panadeiro, fuxido; José Platas Fernández, panadeiro, fuxido, e Luis Chamorro Castro, mariñeiro, fuxido.
Morte rexistrada por mor da aplicación da Lei de Fugas.
O seu cadáver apareceu na estrada da Estación do Norte-Betanzos, a uns 500 m da estación, coa inscrición “en aplicación de la Ley de Fugas”.
Con el pasearon: José Cambón Rodríguez e Gumersindo Gómez García, todos eran testemuñas contra Fernández Pita, diante do temor da Garda Civil de que mudaran a súa testemuña diante do xuíz Benjamín Gil Sáez.
Soterrárono no cemiterio de Betanzos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.