← Volver atrás

Rico-Avello García de Lañón, Manuel

Perfil histórico: Sen participación directa

Datos persoais

Situación: Axustizado

Nacemento:

San Miguel de Trevías, Valdés
(Principado de Asturias)
- 20/12/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 23/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xurista e político, 49 anos. Licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo (Principado de Asturias) e pola Universidade de Madrid.

Entre 1920 e 1923 iniciouse no movemento rexionalista asturiano. Elixido deputado polo Partido Reformista (PR) de Melquiades Álvarez González-Posada, partido no que permanece ata pouco antes das eleccións as Cortes Constituíntes do ano 1931.

Elixido deputado por Oviedo para as constituíntes, como independente, dentro das listaxes da Agrupación ao Servizo da República. Nomeado ministro de Gobernación no gabinete de Diego Martínez Barrio, desde o día 08/10/1933 ata o día 16/12/1933, dirixindo de xeito exemplar o desenvolvemento das segundas eleccións republicanas. Este éxito fixo que continuara con esta carteira no Goberno de Alejandro Lerroux García.

O día 23/01/1934 abandona a carteira de Gobernación e pasa a ocupar o cargo de alto comisionado do Protectorado de Marrocos. Entre os días 30/12/1935 e o día 19/02/1936 desenvolveu a carteira de Facenda no gabinete de Manuel Portela Valladares. Nas eleccións de 1936 obtivo acta de deputado por Murcia.

Axustizado.

Cando se produce a sublevación militar, detivérono os milicianos republicanos e encarcerárono na galería de presos políticos do cárcere Modelo (Madrid). Na noite do 22 ao 23 de agosto prodúcese o asalto da prisión por conta de milicianos armados, o que deu lugar a chamada "Matanza da prisión Modelo".

Destacados falanxistas, como Julio Ruiz de Alda Miqueleiz ou Fernando Primo de Rivera Sáenz de Heredia, finaron executados. Tamén axustizaron aos políticos: Melquiades Álvarez González-Posada, José Martínez de Velasco Escolar e Manuel Rico-Avello García de Lañón. Igualmente executaron os xenerais Rafael Villegas Montesinos e Oswaldo-Fernando de la Caridad Capaz Montes. Raimundo Fernández-Cuesta Melero salvouse desta masacre, ao igual que Ramón Serrano Suñer.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha