Nacemento:
Morte:
Pastora e costureira, 16 anos. Filla de Domingo Rodríguez Fernández e Amalia López Ojea, asasinados. Un dos seus irmáns, Rogelio, pasouse ao exército republicano polo que detiveron ao seu pai e a un irmán, que pasaron seis meses na prisión do Barco de Valdeorras. Irmá de Antonia Rodríguez López, fuxida e exiliada.
Fuxida. Exiliada.
O día 18/10/1939 os seus pais finaron axustizados en Soulecín por un pelotón de lexionarios do I Terzo da III Bandeira da Lexión, que mandaba o entón tenente Sergio Peñamaría de Lano. Os seus catro irmáns Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca; Rogelio Rodríguez López, Sebastián Rodríguez López e Alfonso Rodríguez López, o Galego (do que Consuelo era xemelgo), fuxiron ao monte onde caerían en combate contra das forzas franquistas entre 1941 e 1949.
Coa súa irmá Antonia actuaron como axentes do Servizo de Información Republicana (SIR) e como enlaces da guerrilla. As dúas estiveron presas no Barco de Valdeorras, Ponferrada e León. Ao comprobar que as súas vidas corrían perigo, fuxiron ao monte, á coñecida como Ciudad de la Selva, situada nos montes da Serra do Eixo (Carballeda de Valdeorras) onde se atopaba o campamento base dos guerrilleiros.
Na Cidade da Selva Consuelo e Antonia coñeceron as fuxidos asturianos, despois do fracasado intento de fuga vía Portugal. Alí coñece, no ano 1941, ao fuxido asturiano Arcadio Ríos Rodríguez, do que se fixo compañeira en outubro do ano 1942.
As dúas irmás tiveron que fuxir de Casaio, en setembro de 1945, cando as forzas franquistas descubriron que acubillaban guerrilleiros na súa casa, que se coñecía como A Fortaleza; por alí pasaron a maioría dos membros da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Marcharon cara Ricosende, Santa Isabel de Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras (Ourense).
En xullo de 1946 os socialistas no exilio aconsellan o abandono da loita armada. A mediados de xullo ten lugar o Congreso de Reunificación no Val da Bruña, onde os atacou a Benemérita. Nunha operación das contrapartidas, do día 26 de xullo, morre Francisco Elvira Cuadrado e resulta con feridas Arcadio Ríos, quen morreu axiña.
Antonia e Consuelo ocultáronse en casas de apoio en Ourense e O Bierzo ata que se tiveron que separar en 1947 en Berlanga del Bierzo (León), despois de chegar á conclusión de que xa houbera moitos mortos na familia. Acubillouse en Madrid, ata que marchou a Francia.
Xulgada no Tribunal Militar Territorial de León na causa 302/48.
Logrou escapar a Toulouse (Occitania, Francia) despois dunha fuga que a levaría de Madrid a Donostia (Guipúscoa). O día 12/04/1949 chegou a Bédarieux (Hérault, Occitania, Francia), onde vivían a súa irmá Antonia e César Ríos. En 1953 casou co guerrilleiro asturiano Marino Montes Ferrero.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.