← Volver atrás

Rodríguez Losada, Mario

Alcume: Mario de Langullo, o Pinche
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Langullo, Santa María de Cesuris, Manzaneda
(Ourense)
- 29/09/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa Mariña de Seadur, Larouco
(Ourense)
- 07/07/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Peón, 25 anos. Fillo de Juan Rodríguez Rodríguez, fusilado. Con 15 anos emigrou a Bilbao (Biscaia), onde traballou como peón e participou en diversos conflitos laborais. Regresou á provincia de Lugo no ano 1935.

Logo do triunfo da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936, ao seu pai elixírono concelleiro e logo alcalde de Manzaneda, logo asasinaríano os falanxistas en Langullo o día 10/04/1937.

Fuxido. Exiliado.

No ano 1936 era mozo de Benilde Nogueira Rodríguez coa que tivo unha filla de solteiro, Albina, nada en xaneiro de 1940. Ao fuxir ao monte só a vía de tarde en tarde ata o ano 1941, logo tardarían 30 anos en volver verse.

Co golpe de Estado o día 25/07/1936 Mario e o seu pai víronse na obriga a botarse ao monte para salvar as vidas. Despois do asasinato do seu pai polos rebeldes o día 19/04/1937 cando o denunciaron por “rojo”, Mario escapou, igual que o seu amigo Manuel García Rodríguez, o Porco.

Nesta etapa de fuxido tivo relacións con Gloria Nogueira Feijoo, que lle daba acubillo na súa casa e coa que casaría de vello, no ano 1980.

Viviu como unha toupa en Santa María de Pena Folenche, A Pobra de Trives (Ourense). Outro amigo, Daniel Calvo Domínguez, o Barbeiro, permaneceu no pobo.

Dirixiu un grupo guerrilleiro no que tamén se atopaban Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo; Gervasio Cereijo Veiga e Jesús Quiroga Arias, o Chucho, que actuaba por Quiroga, Manzaneda e Trives, nas serras da Queixa, San Mamede, Cabeza de Manzaneda e os montes do Invernadoiro; realizaban sabotaxes, ataques ao executivo e represión de colaboradores e delatores, sobre todo curas e falanxistas. Mantiñan relación cos portugueses da oposición a Antonio de Oliveira Salazar e tamén co grupo de Manuel Girón Bazán, Girón. No verán de 1941 tamén formaba parte deste grupo Edelmiro Alonso García, Delmiro.

Xulgado no Tribunal Militar de Ourense na causa 783/41.

Participou o día 21/10/1942 nos feitos de Morade, Santa María da Penela, Monforte de Lemos (Lugo), nos que morreron cinco persoas: Constantino González, de 55 anos, as súas fillas María, de 19 anos, e Remedios, de 16 anos, un relixioso de 44 anos e Nieves Soto Castaño, de 28 anos.

Xulgado no Tribunal Militar de Ourense na causa 582/42 e na causa 599/42.

Colaborou coa III Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) en Lugo, aínda que non se integrou nela, e despois co Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), como responsable do Destacamento de Trives, da II Agrupación. Mantivo discrepancias con Manuel Fernández Soto, Coronel Benito, polas súas ideas excesivamente militaristas.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo na causa 616/48 polo delito de bandoleirismo.

A consolidación da ditadura de Franco fixo máis difícil a continuidade da acción guerrilleira, que Mario abandonou no ano 1951 para pasar á clandestinidade.

Xulgado no Tribunal Militar de Lugo polo delito de atraco a man armada, na causa 94/53, co resultado de sentenza de sobresemento.

As autoridades franquistas chegaron a ofrecer un millón de pesetas pola súa cabeza; acusábano de polo menos 15 asasinatos e máis de cen atracos.

No ano 1960 deixou en estado a Isabel Rodríguez Álvarez de 17 anos, filla dunha familia que o acollía e a que lle faltou á confianza; terían unha filla que nacería en Montevideo (Uruguai). Isabel xa tivera que abortar doutra xestación de Mario, con 14 anos.

Fuxiría a Francia o 29 de agosto de 1968 contando co apoio do cura de San Xoán de Seoane Vello, Montederramo (Ourense); levaba 19 anos desvinculado da guerrilla antifranquista, agochado en Seadur.

Regresou a Galicia no ano 1979 e faleceu en 1986.

Foi o último resistente en saír para o exilio, 32 anos despois de comezar a guerra civil; logo de pasar 19 anos afastado da guerrilla, viviu como unha toupa en Seadur. As actividades da guerrilla da raia ourensá-leonesa remataran polo ano 1952 coa morte de Manuel Girón Bazán, Girón, e o exilio dos seus compañeiros superviventes.

Regresou a Langullo a finais no ano 1979 e estableceuse en Ponferrada (León); máis tarde pasou a Seadur, onde falece.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.