← Volver atrás

Sánchez Leiro, Albino

Alcume: o Perrita
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Pontevedra
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pontevedra
- 17/04/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Fontaneiro e latoeiro, 27 anos. Casou, cando xa estaba en capela, con Carmen Casalderrey Dios, a Lanuda; tiveron un fillo e unha filla: Francisco (7 anos) e Carmen (3 anos). Veciños do Burgo, San Salvador de Lérez, Pontevedra (Pontevedra).

Militante do PCE.

Fuxido. Executado.

Cando se produce o movemento golpista participou na defensa da legalidade republicana no Goberno Civil de Pontevedra fronte aos rebeldes.

Foxe e entrégase o día 11/09/1936 na casa do cura de Lérez, Leandro del Río Carnota, natural de Ordes (A Coruña) e párroco de San Salvador desde o ano 1919.

Xulgado en consello de guerra os días 16 e 17 de febreiro de 1937 en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 115/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste proceso xulgaron a: José Acuña Lamas, ferroviario; Manuel Buján Rivas, mestre; Constantino Gómez Rodríguez, mestre; Claudio Magdalena González; Víctor Moldes Carro, comerciante, Castor Pérez Peón, albanel, e Albino Sánchez Leiro, mestre. Condenáronos a todos á pena de morte, aínda que a José Acuña e a Manuel Buján conmutáronlles a pena.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Fusilado con outras persoas ás 07:00 h no quilómetro 1 da avenida de Bos Aires, en Pontevedra.

Morte rexistrada en Pontevedra por mor dun colapso cardíaco.

Soterrárono no cemiterio de San Amaro, en Pontevedra.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha