Nacemento:
Morte:
Empregado e político, 53 anos. Casado con Jesusa Fernández Barral; tiñan varios fillos. Veciño de Pontedeume. Empregado do Ferrocarril. Secretario interino do Concello de Pontedeume. Irmán de Ramón Sardiña Navarro, xunto co que o prenderon e fusilaron.
Militante de Esquerda Republicana (ER) e nomeado delegado do Goberno Civil en 1936 para a comarca de Pontedeume. Desde o día 09/03/1936 presidiu a Comisión Xestora de Pontedeume, como delegado do Goberno Civil, que nomeou alcalde da localidade ao socialista Manuel López Seijo, con concelleiros de ER e do PSOE. O mesmo día 9 tamén presidiu a constitución da Corporación Municipal de Cabanas, que nomeou alcalde a Álvaro Puentes Antón.
Fuxido. Paseado.
Cando se produce o golpe dos rebeldes formouse o Comité de Defensa da República de Pontedeume, no que coinciden, entre outras persoas: o alcalde Manuel Seijo López, Celestino Sardiña Navarro, de Esquerda Republicana (ER) e delegado do Goberno Civil, Luis Nodar Castro, concelleiro de Pontedeume polo PSOE, Ramón Ares Bouza, membro da Sociedade Labrega de Boebre e os seus lugares, Ángel García Toribio, rexistrador e presidente de ER, e Juan Ares López, tamén de ER, concelleiro e tenente de alcalde na mesma localidade; ordenaron a requisa de armas para enfrontarse aos golpistas.
Foxe ao monte e prendérono en Bréamo as forzas de Artillería, o día 23/07/1936, por mor dunha delación, co seu irmán Ramón e con Jesús Cernadas Pérez, que tamén finaría paseado.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ferrol (A Coruña) na causa 264/36 polo delito de rebelión militar.
Morte rexistrada de madrugada, despois de ser detido xunto co seu irmán Ramón Sardiña Navarro e outros, polas forzas da Comandancia Militar de Pontedeume.
Segundo a prensa “En la madrugada de ayer, al ir las fuerzas del destacamento de Pontedeume a recoger armas ocultas señaladas por varios detenidos, al llegar a las inmediaciones de Vilasuso, término de Capela, las fuerzas fueron recibidas con descargas cerradas por los extremistas, viéndose la fuerza obligada a repeler la agresión, resultando muertos”: Ramón Agras Fernández, Manuel Prado Allegue, Celestino Sardiña Navarro e Ramón Sardiña Navarro, que habían aprovechado la confusión para darse a la fuga. Los cadáveres fueron enterrados en el cementerio de Capela». (El Ideal Gallego, 19/08/1936). Os franquistas aplicáronlles a Lei de Fugas.
Morte rexistrada a causa de feridas de bala en Vilasuso, Santiago da Capela, A Capela. Os catro cadáveres apareceron no cemiterio da Capela, lugar no que os soterraron.
Segundo oficio do 22/08/1936 do Goberno Civil «informa el Jefe de la Línea de la Guardia Civil de Puentedeume, en la madrugada del día 18 resultó muerto en dicho punto al intentar su fuga en ocasión de ser conducido por fuerzas de Falange».
Asasinados polo miliciano Francisco Fernández Vales e o garda civil Francisco Lasen Colina nas mesmas portas do cemiterio.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.