Nacemento:
Morte:
Mariñeiro e sindicalista, 33 anos. Casado. Veciños de San Pedro de Sárdoma, en Vigo (Pontevedra); (outras fontes din de San Tomé de Freixeiro, Vigo). Fillo dun garda civil. Fogueiro nun barco de pesca.
Militante do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) da CNT en San Miguel de Bouzas, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
En 1933 foi un dos asinantes dun acordo pesqueiro coa patronal para por fin ás folgas no sector. A partires disto perseguírono e encarcerárono por dous meses e un día en Vigo.
En maio de 1935 novamente preso, acusado de agredir ao armador Manuel Pérez Pan.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Cando se produce o golpe rebelde traballaba na parella de vapores de pesca Baltasar Pujales e Teresa Valverde e desembarcaron en Bantry (Cork, Munster, República de Irlanda); despois volveu a Galicia e agochouse na casa da súa sogra na Pobra do Caramiñal (A Coruña). Reclamouno o xuíz militar de Vigo por requisitoria de setembro de 1936 polo delito de sedición nos ditos vapores de pesca.
Volveu a Vigo, pasou a Vilagarcía de Arousa e uniuse a un grupo de confederais.
Despois do golpe militar rebelde Rodrigo Beruete Alejandre fuxiu ao monte e organizou un grupo guerrilleiro, nos montes Xiabre e Lobeira, no que inicialmente formaron o propio Rodrigo, Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras e Serafín Brea Otero; logo incorporáronse ademais Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio-Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo.
O día 13/02/1937 cercaron o seu grupo na casa de Pilar Fernández Seijas, en Trabanca Badiña, Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía de Arousa, as forzas da Garda Civil, do Exército, do Corpo de Carabineiros, das milicias de Falanxe e da Garda Cívica de Vilagarcía de Arousa. Conseguiron fuxir, pero na persecución morreu Manuel Díaz Hermo e Ángel Buceta Loroño entregouse ao día seguinte.
O grupo volve ser cercado o día 16/02/1937 nunha casopa de Loenzo. As forzas represoras incendiaron a caseta de barro e palla; finaron carbonizados Rodrigo Beruete, Pilar Fernández, Antonio Sayanes e Manuel Limeres.
Dise que diante do incendio, os refuxiados suicidáronse; testemuñas indican que se oíron catro tiros.
Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa.
Segundo outras fontes Antonio-Basilio morreu o día 22/07/1937.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.