Nacemento:
Morte:
Militar, 29 anos. Veciño de Ferrol. Mariño da Armada, cabo de mariñeiría do acoirazado Jaime I.
Fuxido. Encarcerado.
Fixo a guerra civil na zona republicana.
Causa aberta en Ferrol polo delito de deserción (non presentarse a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Prendérono os golpistas en Cartagena (Murcia) ao remate do conflito militar español.
Xulgado en consello de guerra en Cartagena, no ano 1940, co resultado de sentenza a seis anos e un día de prisión menor.
Interno na Prisión Naval Militar de Cartagena, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 281 do día 08/10/1943.
A dotación deste acoirazado Jaime I, leal á República, sofre as seguintes represalias dos franquistas:
Condenaron á pena de morte e executaron a: o cabo fogueiro Cipriano Espada Penedo, 36 anos, e os mariñeiros Antonio Arozamena Ruiz, 24 anos, e Feliciano Méndez López, 22 anos.
Castigaron a cadea perpetua a: o cabo de artillería Pedro Aguado Sánchez, 29 anos, e os mariñeiros José Aulet Cestal, 24 anos; Francisco Moure Pereira, 23 anos, e Enrique Pousa Aldao, 23 anos.
Pena de 12 anos e un día: o maquinista Alfonso-J. Chao García, 27 anos, e o cabo de artillería Juan Míguez Rey, 26 anos.
Condenaron á pena de dez anos de cadea ao mariñeiro Edelmiro Casal García, 21 anos.
Penas de seis anos de cárcere para: a enxeñeiro Juan Guerra Bermúdez, 28 anos; os cabos de mariñeiría Fernando Piñeiro Carballido, 24 anos, e Juan Serantes García, 29 anos; o fogueiro Ignacio Toimil Corral, 39 anos; o auxiliar de artillería José Rey Sequeiros, 30 anos, e o mariñeiro José Mosquera Durán, 28 anos.
Ao mariñeiro José López Vilela, 26 anos, castigárono a un ano.
Declararon fuxidos a: os cabos Andrés Aneiros Sardiña, 25 anos, e Manuel Bastida Franco, 24 anos; os fogueiros Salustiano Davila Lampón, 21 anos, e Argemino Pillo Teijeiro, 29 anos; o artilleiro Daniel-Bernardino Pazó Vila, 23 anos, e os mariñeiros Benito Diz Rivas, 20 anos; Manuel Fernández Soto, 34 anos; Juan González Martínez, 19 anos; Evaristo Lareo Muíños, 22 anos; Joaquín Martínez Buceta, 20 anos; José Martínez Mariño, 21 anos; Ángel Mijón Durán, 24 anos; Elías-José Mouriño Penas, 24 anos; José Núñez Edreira, 20 anos; Sebastián Rea Montes, 21 anos; Carlos Romero Rebón, 25 anos, e José Sanisidro Rañó, 24 anos.
Deste acoirazado estiveron tamén na cadea: o buzo Juan Chao Pereira, 27 anos; o 3º maquinista José-María Díaz Santé, 33 anos, e o mariñeiro Manuel Freire Romalde, 22 anos.
Para máis de 50 tripulantes entre maquinistas, cabos, fogueiros, mecánicos e mariñeiros, ditouse auto de revogación do procesamento e puxéronos en liberdade.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.