Nacemento:
Morte:
Militar e político, 25 anos. Casado.
Militante do PCE desde 1931. Detido e encarcerado en varias ocasións.
Encarcerado. Exiliado.
Comisario político do Exército Popular da República na 1ª Brigada Mixta e na 45ª División, que pasou por varios corpos de Exército. Loitou coas forzas republicanas e, ao rematar a guerra civil, exiliouse en Rusia onde foi tamén comisario político nunha unidade de guerrilleiros na defensa de Moscova.
No ano 1947 trasladouse a Francia con outros comunistas. En outubro de 1949 o PCE mandouno a España para asumir a secretaría xeral do Comité Rexional galego do PCE e o mando dos guerrilleiros comunistas na rexión. Chegou pouco despois de que morreran en Pazos, San Fiz de Monfero, Monfero (A Coruña), Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Riqueche, e José Temblás Paz, Temblás, e outros cinco guerrilleiros.
A misión encomendada polo partido era a de desmobilizar á guerrilla e reorientala cara a loita política.
No maquis empregou o alcume de Ricardo. Tras da súa chegada a Galicia en decembro de 1949, nomeou a José Blanco Núñez, Ferreirín, responsable de prensa do Comité Rexional do PCE e, en xaneiro de 1950, secretario de organización. Cando se fixo cargo apenas eran unha ducia de guerrilleiros os que quedaban e José-Luis Castro Veiga, o Piloto, e Benigno Andrade García, Foucellas, non estaban en disposición de obedecer a estranxeiros.
Chegaba para aplicar os acordos de abandono da loita armada, que adoitara o PCE un ano antes, en outubro de 1948
As consignas de Sevil eran as de aplicar os acordos do Buró Político do PCE. Para reorganizar o Comité Rexional do PCE en Galicia, nomeou a Melchor Díaz, Pepito, secretario de organización; a Francisco Rey Balbís, Moncho, secretario de axitación e propaganda e a José Blanco Núñez, Ferreirín, encargado de prensa; delegado do sector de Ferrol foi Francisco Martínez Leira; delegado da Coruña José-Antonio Cortiñas Blas, Fondista; de Vigo (Pontevedra) e Pontevedra, o Madrileño, e de Lugo e Ourense, Valentín Fernández González, Víctor, enviado desde Francia.
As construcións teóricas elaboradas en Francia non tiñan nada que ver coa realidade galega. As consignas eran reducir ao mínimo o número de guerrilleiros, traía cartos para acabar cos golpes económicos, suspender os axustizamentos e adicarse só á autodefensa.
Volveu a Francia no verán de 1951, para escapar da represión e por consello do partido, ao non conseguir que a guerrilla galega se adaptase á nova situación da época e despois das desfeitas de 1950 e 1951.
Morreu en Checoslovaquia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.