← Volver atrás

Silva Calviño, Manuel

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Lalín
(Pontevedra)
- 01/01/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Canteiro, 39 anos. Casado. Veciño de Santa María de Pesqueiras, Chantada (Lugo).

Militante da UXT e presidente da Sociedade de Labregos de Santa María de Pesqueiras no ano 1921.

Encarcerado.

Despois do golpe de Estado formou parte dunha partida de fuxidos.

Ingresado no depósito de Chantada o día 03/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, auxilio á rebelión e atraco, na causa 930/39, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión segundo resolución do día 14/05/1940. Proceso contra veciños de Chantada, Taboada e O Saviñao. Acumulada á causa 812/38.

Neste xuízo o tribunal condenou á pena de 15 anos a José Costa Clavell; penas de 12 anos e un día para: María Montes Caseiro e Manuel Silva Calviño; autos de sobresemento para: Eladia Diéguez N. e Salvador Valcárcel Montenegro (este por falecemento anterior). Tamén procesaron a: Benjamín Argiz Fiunte, Emilia Cadahía Montes, Darío Calvo Paz, Salvador Gil Moure, Victorino Quintana Vázquez, Claudina Rodríguez Fernández, Hilda Rodríguez Fernández e José-Benito Rodríguez López.

Puxérono en liberdade o día 26/11/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha