← Volver atrás

Sotuela Vila, Mavilo

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Folgoso do Courel
(Lugo)
- 01/01/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xornaleiro, 39 anos. Solteiro. Veciño de San Xoán de Seoane do Courel, Folgoso do Courel.

Encarcerado.

Formou parte do grupo guerrilleiro de José-María Díaz Marzábal, Blanquín.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito auxilio á rebelión, na causa 1004/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra veciños de Folgoso do Courel e do Incio.

A sentenza subseguinte condenou a cadea perpetua a Juan Chaos Díaz; a 20 anos de cadea a: Antonio Gómez Núñez e Victorino Novo Fernández; a 12 anos a: Vicente-Manuel Expósito Estévez e Manuel Novo López; a seis anos a Manuel Rodríguez Valcárcel; tamén condenaron a prisión a Lorenzo Arias Fernández.

O mesmo auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, Manuel Cela Macía, José-María Díaz Marzábal, Lisardo Jato Campo, Manuel López López, Manuel Novo Fernández, Jesús Núñez Rodríguez e Mavilo Sotuela Vila.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 30/07/1937.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polos delitos de rebelión, atraco e o asasinato de Serafín Rivera Simón, na causa 104/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a Mavilo Sotuela Vila, logo conmutada pola de cadea perpetua; condenaron a 20 anos a Manuel Arias Fernández e a prisión temporal a Jesús Santín López. O auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, José-María Díaz Marzábal, Jesús Núñez Rodríguez e Amador Santín López.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Lugo pola de cadea perpetua.

Trasladado á prisión das Palmas de Gran Canaria o día 06/05/1939.

Procesárono en 1941 no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha