Nacemento:
Morte:
Mestre, pedagogo e sindicalista, 42 anos. Veciño da rúa Doutor Cadaval, 43-3º, en Vigo. Acadou o título de mestre de educación primaria en 1916 na Escola Normal de Pontevedra. Mestre nacional de Primeira Ensinanza desde 1916 da Escola Graduada do Arenal, en Vigo.
Un dos fundadores e presidente, en 1936, da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo (ATEV), vencellada á UXT, e que logo converteuse na Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT) e que presidiu en 1936. Nese ano 1936 tamén era o presidente da Agrupación Socialista (AS) de Vigo.
Director da “Páxina pedagóxica” de El Pueblo Gallego e da do Faro de Vigo.
Depurado. Executado.
Cando se produce o golpe rebelde agochouse para evitar as represións; descubrírono na Illa de Toralla, na ría de Vigo, e detivérono.
Os franquistas abríronlle un expediente de depuración como mestre.
Xulgado nun consello de guerra sumarísimo en Vigo polo delito de traizón o día 22/08/1936, na causa 142/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Neste procedemento condenaron á pena de morte a: Ignacio Seoane Fernández e Apolinar Torres López; castigaron coa cadea perpetua a Pastor Rodríguez Iglesias.
Ás 05:30 h fusilaron nos muros do cemiterio de Pereiró, en Vigo, a: José Antela Conde, camareiro; os irmáns Antonio Bilbatúa Zubeldía, funcionario, e Demetrio Bilbatúa Zubeldía, fotógrafo; Enrique-Heraclio Botana Pérez, tipógrafo; Ubaldo Gil Santóstegui, médico; Ramón González Brunet, funcionario; Emilio Martínez Garrido, industrial; Manuel Rey Gómez, mariñeiro; Ignacio Seoane Fernández, panadeiro, e Apolinar Torres López, mestre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.