← Volver atrás

Vázquez Sampayo, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

?. ?.

Biografía

Colchoeiro, 31 anos. Veciño da rúa Vera, 16-3º, na Coruña.

Militante da CNT. Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja mantivo, como militante cenetista, contactos cos republicanos e despois das asembleas plenarias da CNT en 1931, aliñouse cos moderados. Chegou a ser presidente da Sección de Colchoeiros do Sindicato de Oficios Varios. No ano 1933 foi delegado do sindicato en varias ocasións e, en 1936, representaría a este grupo sindical nas reunións coa UXT socialista. Membro do Sindicato de Panadeiros La Nueva Unión.

Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Encarcerado.

Detido ao principio do golpe militar e condenado a catro anos de prisión por posesión ilícita de armas.

Trasladárono á Prisión Provincial de Valladolid, onde pasou tres anos na cadea e onde o puxeron en liberdade condicional o día 24/02/1940.

Nos anos corenta volveu á Coruña e traballou de axente de seguros.

Cara 1944 organiza o primeiro Comité Rexional clandestino da CNT na Coruña con Fernando López Mantiñán, Francisco Carballo Pérez, Félix Álvarez Arganzúa e algúns máis. Participou no pleno rexional de primeiros de 1945.

Arrestado en novembro de 1945 e novamente en 1947.

Xulgado en consello de guerra na Coruña por actividades políticas, na causa 298/47, co resultado de sentenza a prisión.

Neste procedemento condenaron a 12 anos e un día de cadea a Manuel Gantes Barreiro; tamén castigaron coa prisión a Manuel Vázquez Sampayo; auto de sobresemento para José Domingo Lliso; tamén enxuizaron a Arturo Moreno Torres.

Seguía na cadea nos anos cincuenta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha