← Volver atrás

Vidal Álvarez, José-Andrés

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 34 anos. Veciño da rúa Real, 34-2º, en Vigo (Pontevedra). Cociñeiro do bou Eva.

Militante da CNT.

Encarcerado.

Procesado polos sucesos do bou Eva, un barco da baixura, cando se preparaba unha fuga de persoas das esquerdas aos que acosaban a Garda Civil e os falanxistas.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de adhesión á rebelión (asalto ao bou Eva) co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

No ano 1940 confírmaselle a sentenza.

Luis Álvarez González preparou o plan de fuxida do bou Eva cara Francia ou cara algún porto do Cantábrico que permanecera adepto á República.

O operativo de fuga activouse sobre as 03:00 h do día 23 de abril e os republicanos trataban de fuxir desde o porto do Berbés, en Vigo, cara Francia, para escapar das represalias franquistas. Agocháronse na adega do barco, pero traizoounos e delatounos un mariñeiro da tripulación. Os represores asolagaron o barco con auga fría e logo auga quente para rendelos; os asaltados preferiron suicidarse. Todos tiñan un tiro na tempa de entrada pola esquerda, agás Ángel Nogueira, quen posiblemente matou aos compañeiros e logo suicidouse.

Nesta acción, suicidándose, morreron nove persoas de ideoloxía republicana: Luis Álvarez González, obreiro naval; Camilo Campos Méndez, barbeiro; José Losada Castelao, mestre; Manuel Martínez Maroño, mariñeiro; Carmen Miguel Agra, traballo na casa; Ángel Nogueira Nogueira, empregado (home de Carmen Miguel); Manuel Rodríguez Castelao, mestre, (medio irmán de José Losada); Fernando Rodríguez Lorenzo, albanel; José Rodríguez Lorenzo, albanel.

Da tripulación do barco sobreseron as causas contra: Juan Rodríguez Hermo, patrón; Francisco Blanco Mariño, contramestre e o marmitón Ataulfo Clambor López. Ao cociñeiro José-Andrés Vidal Álvarez e ao mariñeiro Sebastián Carcaño Leiro, encarceráronos.

O político ferrolán Domingo Pombo López, líder do Partido Galeguista (PG) en Ferrol (A Coruña), salvouse da morte por chegar tarde á cita; cando viu todo o operativo represor, fuxiu da zona.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.