Nacemento:
Morte:
Labrego e político, 22 anos, Solteiro. Veciño de San Xoán de Piñeira, Ribadeo.
Encarcerado.
No decorrer da guerra civil mobilizárono os golpistas, desertou e incorporouse ás Brigadas Mixtas de Carabineiros republicanas.
Os franquistas abríronlle un expediente en Lugo por responsabilidades políticas en outubro de 1937 e condenárono a unha multa de 2500 pesetas en marzo de 1940.
Ao rematar a contenda española foi enlace de Luis-María Trigo Chao.
Logo da morte de Manuel Castro Tellado o día 13/01/1947 prendeuno a Garda Civil nesa mesma data.
Xulgárono en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 4 de Lugo o día 30/01/1948 con outras persoas, na causa 99/47, polo delito de axuda a bandoleiros. A sentenza do día 17/02/1948 condenouno a cinco anos de prisión menor.
Nesta causa castigaron a dez anos de prisión a Aniceto Díaz Pereira, a seis anos a Modesto López Rodríguez, a cinco anos a Fidel Díaz Pérez, a tres anos a Manuel Pérez Penelas e a un ano e seis meses a Lino Carrera Falcón e a Primitivo Rodríguez Otero. Tamén Procesaron neste xuízo a: Manuel Cobas Rodríguez, José-María Díaz Cortón, América Díaz Pereira, Failde Fernández Teijeiro, Donato Freire Barja, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Anunciación Grandela Novo, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Paxaro Seijas, Ramón Paxaro Seijas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Ríos, José-Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares (Liñares).
Trasladárono á Prisión Provincial de Huesca o 21/04/1948; despois pasou ao Destacamento Penal de Celis, Rionansa (Cantabria), de onde sae en liberdade condicional no ano 1950.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.