Nacemento:
Morte:
Tiña 20 anos. Compañeiro de Francisca Carballo, Paquita. Veciños de Mugueimes.
Arrestárono nos anos 1934, 1935 e 1936 polos delitos de roubo ou de rapto.
Fuxido.
Despois do alzamento militar comandou un grupo formado por labregos de Muíños, Lobios e Bande (Ourense) e represaliados portugueses, que tiñan o seu teatro de operacións na zona occidental de Ourense. Tivo como lugartenente a Gumersindo Fernández Incógnito. A súa compañeira Paquita tamén o acompañou na guerrilla.
No verán de 1946 Samuel Mayo Méndez reorganiza a II Agrupación en Ourense do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que se separa da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG); agrupación na que Albino Gómez se converte en xefe militar, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas: José-María Saavedra Díaz, Pepe; Manuel Rodríguez González; Raúl Castro Cao, o Arxentino, e Manuel Álvarez Novoa.
En Ourense Samuel Mayo conseguiu achegar ao EGG ás partidas de guerrilleiros de Demetrio García Álvarez, Pedro; á de Manuel Álvarez Silva e á de Albino Gómez Rodríguez, o Albino, o Moreiras.
Entre as súas accións suliñar a participación directa en todas as accións ofensivas contra falanxistas na provincia ourensá. Desenvolveron ataques en Regada, Vila e Gustomeao, en Lobios. En ocasións refuxiábase en Portugal.
Xulgado polo Tribunal Militar Territorial de Ourense na causa 297/46 e na causa 487/46.
Prendérono en Portugal a mediados do ano 1947 e aos membros do seu grupo capturounos a Garda Civil, ao mesmo tempo, en Ourense.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.