← Volver atrás

González Niebla, Francisco

Alcume: Francisco dos Cabuxas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Román de Doniños, Ferrol
- 21/11/1984 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ferreiro, 23 anos. Casou con Rosario Vidal Méndez. Veciños de Santa María de Brión, Ferrol. Mariño da Armada, mariñeiro pola súa quinta, corneta do acoirazado Jaime I.

Procesado.

Loitou na Armada republicana durante a contenda española.

Prendérono os militares sediciosos.

Inculpado nunha causa militar en Ferrol; revogouse o seu procesamento e puxérono en liberdade.

A dotación do Jaime I sofre as seguintes represalias dos rebeldes:

Condenaron á pena de morte e executaron a: o cabo fogueiro Cipriano Espada Penedo, 36 anos, e os mariñeiros Antonio Arozamena Ruiz, 24 anos, e Feliciano Méndez López, 22 anos.

Sufriron condena a cadea perpetua: o cabo de artillería Pedro Aguado Sánchez, 29 anos, e os mariñeiros José Aulet Cestal, 24 anos; Francisco Moure Pereira, 23 anos, e Enrique Pousa Aldao, 23 anos.

Pena de 12 anos e un día: o maquinista Alfonso-J. Chao García, 27 anos, e o cabo de artillería Juan Míguez Rey, 26 anos.

Condenaron á pena de dez anos de cadea ao mariñeiro Edelmiro Casal García, 21 anos.

Penas de seis anos de cárcere: o enxeñeiro Juan Guerra Bermúdez, 28 anos; os cabos de mariñeiría Fernando Piñeiro Carballido, 24 anos, e Juan Serantes García, 29 anos; o fogueiro Ignacio Toimil Corral, 39 anos; o auxiliar de artillería José Rey Sequeiros, 30 anos, e o mariñeiro José Mosquera Durán, 28 anos.

Ao mariñeiro José López Vilela, 26 anos, castigárono a un ano.

Declararon fuxidos: os cabos Andrés Aneiros Sardiña, 25 anos, e Manuel Bastida Franco, 24 anos; os fogueiros Salustiano Davila Lampón, 21 anos, e Argemino Pillo Teijeiro, 29 anos; o artilleiro Daniel-Bernardino Pazó Vila, 23 anos, e os mariñeiros Benito Diz Rivas, 20 anos; Manuel Fernández Soto, 34 anos; Juan González Martínez, 19 anos; Evaristo Lareo Muíños, 22 anos; Joaquín Martínez Buceta, 20 anos; José Martínez Mariño, 21 anos; Ángel Mijón Durán, 24 anos; Elías-José Mouriño Penas, 24 anos; José Núñez Edreira, 20 anos; Sebastián Rea Montes, 21 anos; Carlos Romero Rebón, 25 anos, e José Sanisidro Rañó, 24 anos.

Deste acoirazado estiveron tamén na cadea: o buzo Juan Chao Pereira, 27 anos; o 3º maquinista José-María Díaz Santé, 33 anos, e o mariñeiro Manuel Freire Romalde, 22 anos.

Para máis de 50 tripulantes entre maquinistas, cabos, fogueiros, mecánicos e mariñeiros, ditouse auto de revogación do procesamento e liberáronos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.