Nacemento:
Morte:
Industrial, 40 anos. Casado con Ángela López Díaz. Veciños de San Xoán de Seoane do Courel, Folgoso do Courel.
Militante de Unión Republicana (UR), da que era tesoureiro en Seoane do Courel no ano 1935. Alcalde de Folgoso do Courel desde marzo de 1936 pola Fronte Popular (FP).
Depurado. Encarcerado.
Despois do movemento golpista os franquistas cesárono como alcalde. Mantívose en fuga e agochado na súa casa de Moreda.
Prendérono e ingresárono no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) o día 29/04/1939 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo o seguinte cinco de maio.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 23/11/1936 polo delito auxilio á rebelión, na causa 1004/36, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Proceso contra veciños de Folgoso do Courel e do Incio.
A sentenza condenou a cadea perpetua a Juan Chaos Díaz; a 20 anos de cadea a: Antonio Gómez Núñez e Victorino Novo Fernández; a 12 anos a: Vicente-Manuel Expósito Estévez e Manuel Novo López; a seis anos a Manuel Rodríguez Valcárcel; tamén condenaron a prisión a Lorenzo Arias Fernández. O mesmo auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, Manuel Cela Macía, José-María Díaz Marzábal, Lisardo Jato Campo, Manuel López López, Manuel Novo Fernández, Jesús Núñez Rodríguez e Mavilo Sotuela Vila.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concédeselle a prisión atenuada o día 13/07/1941.
Interno na Prisión Provincial de Lugo, publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 227 do día 15/08/1941.
Procesárono por responsabilidades políticas en marzo de 1940.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.