← Volver atrás

Penas Cimadevila, Mercedes

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co ferreiro e sindicalista Cándido Sánchez Rodríguez; tiñan tres fillos: Julio, Mario e Eliseo. Veciños da rúa Espírito Santo, en Santiago de Compostela (A Coruña).

O seu home era ferreiro na calella Entrerrúas e militante da CNT e do PSOE, presidente do Sindicato Metalúrxico de Santiago de Compostela e membro do Ateneo Libertario.

Vítima colateral.

No momento de producirse o alzamento golpista Fernando Barcia Beiras preside o Comité de Defensa da República que tratou de frear a sublevación militar. Neste comité estiveron: José Miguel Alcalde, Celestino Barcia, Fernando Barcia Beiras, Francisco Fernández del Riego, Rafael Frade Peña, Samuel Gómez, Jesús Hortas, Juan López Touriño, Manuel Maroño Calvo, Ricardo Nogueira, Domingo Pardo Corredoira, Modesto Pasín Noya, José Pasín Romero, Luis Rastrollo González, Jesús Rodríguez, Ricardo Rosende, Cándido Sánchez Rodríguez, Jesús Vieiro Gómez, José Vila, Marcial Villamor Varela.

Cándido ocultouse no Monte Pedroso con Antonio Ramos Varela, Cesáreo Briones Varela e Luis García Pazos e logo nunha casa da rúa Espírito Santo, ata que o descubriron en xullo de 1937; xulgárono na Coruña e executárono nesta cidade o día 09/03/1938.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha