← Volver atrás

Agra Blanco, Jaime

Alcume: Nonito
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

San Xoán de Palmou, Lalín
(Pontevedra)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xastre, 37 anos. Veciño de San Xoán de Palmou. Irmán de Luis Agra Blanco e de Secundino Agra Blanco, tamén encarcerados.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Procesado polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultado no ano 1940.

Xulgado na Coruña nun consello de guerra en marzo de 1949 polo delito de “auxilio a malhechores”, na causa 296/48, co resultado de pena de desterro. Nesta causa había outros 45 procesados.

O tribunal militar, neste caso, condenou a cadea perpetua a Julio Bazarra Constenla e a un ano de cadea a Francisco-Manuel Blanco Barreira.

Os encausados neste proceso foron as seguintes persoas: Jaime Agra Blanco, Manuel Agra Jorge, Manuel Brandido Docampo, Julio Bazarra Constenla, Francisco-Manuel Blanco Barreira, Luis Canfran Martínez, Antonio Carracedo Villar, Francisco Carral Fernández, Manuel Carrón Novoa, Manuel Castelo Quinteiro, Joaquín Dacuña González, Daniel Diéguez Dacal, Josefina Diéguez Froiz, Marcelino Fernández Gutiérrez, Manuel Framiñán González, Constantino Fuentes Bendaña, Balbina García Castro, Francisco García García, Eliseo García Ramírez, José Graña García, Manuel Guimarey Martínez, José-Manuel Jamardo Grela, Miguel Lamas Iglesias, José López Lavandeira, Ramón-Jesús Magariños Duro, Antonio Martínez Bendaña, Rudesindo Montoto Aveledo, José Moreira Espiño, Francisco Pampín López, Manuel Pardo Pena, Francisco Pichel Gómez, Adolfo Prieto Rodríguez, Enrique Rodríguez Fernández, Manuel Rozados Márquez, Manuel Saa Diéguez, Rogelio Salgado Rey, Manuel Sanmiguel Castroagudín, Carmen Seoane Ramos, Manuel Soto Peña, Estrella Souto Ramos, Adolfo Taboada Silva, Juan Troiteiro Bravo, Alfredo Vallo García, Germán Vence García, Manuel Vilela Carril e José Villar Pájaro.

Jaime exiliouse en Bos Aires (República Arxentina) para cumprir a súa pena de desterro.

 

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.