Nacemento:
Morte:
Veterinario e político, 36 anos. Casou en 1932 con Enriqueta Iglesias Meana, a Camarada; tiveron unha filla, Ícaro, que morreu ao pouco de cumprir un ano. Veciños de Ourense. O seu pai era o veterinario e ferrador Demetrio Álvarez, alcalde de Maceda entre 1913 e 1919; a súa nai, Felisa, era mestra de Santiago de Zorelle, Maceda. Benigno era o maior de nove irmáns. Irmán de Demetrio Álvarez González, fusilado, de Antonio Álvarez González e de José Álvarez González aos que, despois de fuxir a Portugal, paseáronos en Tui (Pontevedra). Estudou Veterinaria na Universidade de Santiago de Compostela (USC), licenciándose en 1920, aos 20 anos. Despois de rematar a carreira volveu a Maceda e axudou ao seu pai na clínica. No ano 1926 participou na creación do Colexio de Veterinarios de Ourense.
Nos seus primeiros anos de carreira política foi agrarista, vencellado a Basilio Álvarez Rodríguez. En maio de 1931 participou na creación da organización do PCE en Ourense, do que desenvolveu a secretaría política, e tentou a organización do Partido Comunista Galego (PCG), encontrando a oposición a nivel rexional e nacional. Nese ano sería alcalde de Maceda. No mes de marzo de 1932 era membro do Comité Central do PCE. Presidente da Federación Campesiña Provincial, que reunía a máis de 50 agrupacións.
Colaborador de La Zarpa e Escuela del Trabajo.
En novembro de 1933 presentouse as eleccións xerais polo Bloque Popular Antifascista (BPA), pero non o elixiron, obtendo exiguos resultados.
Detido durante o desenvolvemento da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Sempre mantivo boas relacións, durante a II República, cos partidos galeguistas, promovendo relacións entre o PCE e o Partido Galeguista (PG).
Nas eleccións de 1936 presentouse pola Fronte Popular (FP), con Alejandro Bóveda Iglesias, sen conseguir escano. Elixido compromisario, en abril de 1936, para a elección do presidente da República, cargo que recaeu en Manuel Azaña Díaz. Tamén participou nos mitins en prol do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Fuxido.
Desde que se produce o golpe de Estado persígueo ferozmente a Falanxe despois de que, coa súa muller, participara na resistencia contra os golpistas en Maceda.
Agochouse coa súa dona no faiado da súa casa e despois decidiron acubillarse na Serra de San Mamede e máis tarde na Edreira, San Pedro de Gabín, Montederramo (Ourense); no monte permaneceu, entre outras persoas, con Leandro Carro Hernáez.
Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 1326/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Este auto condenou á pena de morte a: Demetrio Álvarez González, Andrés Gálvez López, Fernando Garrido Fontenla, Juan-Manuel Garrido Touriño, Ricardo Lemos González, Serafín Pousa Prol, Arturo Salgado Villar, Manuel Senra Salgado, Antonio Souto Nieto e Modesto Vidal Fernández; penas de cadea perpetua para: Guillermo Pérez Conde, Constantino Taboada Garrido e Baltasar Vázquez Fernández; auto de absolución para: Elisardo Leal Gómez e Abelardo Sampayo Durán; seis anos de cadea para Enriqueta Iglesias Meana; declararon fuxidos a: Benigno Álvarez González, Francisco García García, Julio González Losada e José Robles Caneiro. Tamén procesaron a Arturo Salgado Villar.
Certas clases oligárquicas (fálase dunha coñecida marquesa) puxeron prezo á súa cabeza ofrecendo 1000 pesetas e un coche a quen o apresara vivo ou morto. Os órganos do PCE ofrecéronlle a vía do exilio a través de Portugal pero Benigno non aceptou esta proposta.
A dona do Castelo de Monterroso ofreceulle este edificio para que se mantivera agochado nel e alí se mantivo ata xaneiro de 1937, data na que regresa ao monte para organizar a loita guerrilleira en Montederramo e Maceda.
Enfermo de tuberculose morre no refuxio do Penedo, a 100 metros de Vixueses. Antes de morrer soubo que fusilaran a cinco campesiños por non querer delatalo á Garda Civil.
A maioría da súa familia tamén morreu da man da represión. Á súa dona, á que moeron a paus, encarcerárona.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.