← Volver atrás

Aneiros Sardiña, Andrés

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Muros
(A Coruña)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 25 anos. Veciño de Santa Mariña de Esteiro, Muros. Mariño da Armada, cabo de artillería destinado no acoirazado Jaime I.

Fuxido.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (causa contra os fogueiros e mariñeiros do Jaime I) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Da dotación deste acoirazado condenaron á pena de morte e executaron a: o cabo fogueiro Cipriano Espada Penedo, 36 anos, e os mariñeiros: Antonio Arozamena Ruiz, 24 anos, e Feliciano Méndez López, 22 anos.

Sufriron condena a cadea perpetua: o cabo de artillería Pedro Aguado Sánchez, 29 anos, e os mariñeiros José Aulet Cestal, 24 anos; Francisco Moure Pereira, 23 anos, e Enrique Pousa Aldao, 23 anos.

Pena de 12 anos e un día: o maquinista Alfonso-J. Chao García, 27 anos, e para o cabo de artillería Juan Míguez Rey, 26 anos.

Condenaron á pena de dez anos de cadea ao mariñeiro Edelmiro Casal García, 21 anos.

Penas de seis anos de cárcere: ao enxeñeiro Juan Guerra Bermúdez, 28 anos; aos cabos de mariñeiría Fernando Piñeiro Carballido, 24 anos, e Juan Serantes García, 29 anos; ao fogueiro Ignacio Toimil Corral, 39 anos; ao auxiliar de artillería José Rey Sequeiros, 30 anos, e ao mariñeiro José Mosquera Durán, 28 anos.

Ao mariñeiro José López Vilela, 26 anos, condenárono a un ano.

Declararon fuxidos: os cabos Andrés Aneiros Sardiña, 25 anos, e Manuel Bastida Franco, 24 anos; os fogueiros: Salustiano Davila Lampón, 21 anos, e Argemino Pillo Teijeiro, 29 anos; o artilleiro Daniel-Bernardino Pazó Vila, 23 anos, e os mariñeiros: Benito Diz Rivas, 20 anos; Manuel Fernández Soto, 34 anos; Juan González Martínez, 19 anos; Evaristo Lareo Muíños, 22 anos; Joaquín Martínez Buceta, 20 anos; José Martínez Mariño, 21 anos; Ángel Mijón Durán, 24 anos; Elías-José Mouriño Penas, 24 anos; José Núñez Edreira, 20 anos; Sebastián Rea Montes, 21 anos; Carlos Romero Rebón, 25 anos, e José Sanisidro Rañó, 24 anos.

Deste acoirazado estiveron na cadea: o buzo Juan Chao Pereira, 27 anos; o 3º maquinista José-María Díaz Santé, 33 anos, e o mariñeiro Manuel Freire Romalde, 22 anos.

Para máis de 50 tripulantes entre maquinistas, cabos, fogueiros, mecánicos e mariñeiros, ditouse auto de revogación do procesamento e puxéronos en liberdade.

Foxe nos vapores Rita Esperanza e Lourdes, que escaparon a Francia desde Cariño.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de adhesión á rebelión (causa pola fuxida dos vapores Rita Esperanza e Lourdes) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Desta fuga declararon fuxidos e en rebeldía a: Andrés Aneiros Sardiña, José-Manuel Castro Cartelle, Bernardo Cores Soto, Alfredo Costas Álvarez, Pedro Díaz Porto, Fernando García Aguiar, Santiago García Cándido, José Maroño Riveira; Jesús Mejuto Iglesias, Braulio Méndez Fernández, José-María Otero Mariño, Atanasio-Manuel Pereiro Agruño, José Pérez Agrelo, José Pérez Merelas, José-Francisco Sánchez Triñanes e Isolino Sieira Lobeira.

Absolveron e deixaron en liberdade a: José Álvarez Pena, mariñeiro; Manuel Area de los Santos, mecánico naval; Eduardo Fernández Andrade, mariñeiro; Manuel García Cambados, fogueiro; Francisco Martínez García, mariñeiro; Marcelino Soto Ares, mariñeiro; Manuel Vidal Aguete, fogueiro; Manuel Vidal Maneiro, mariñeiro, e Manuel Villaverde Cousillas, patrón de cabotaxe.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.