Nacemento:
Morte:
Militar, 32 anos. No ano 1918 ingresou na Academia de Infantería de Toledo. Capitán da Garda de Seguridade e Asalto. En abril de 1936 mandaba unha das compañías da Garda de Seguridade e Asalto da 8ª Compañía da Coruña. O xefe do grupo de asalto era o comandante Gabriel Aizpuru Maristany e o xefe da outra compañía era Manuel Patiño Porto; estes dous últimos eran simpatizantes das esquerdas, ao contrario que Ricardo Balaca Navarro.
Golpista. Axustizado.
Desde o triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936 entre a oficialidade dos cuarteis existen moitas reunións nos cuartos de bandeiras, inclinándose pola sublevación. O principal enlace destes contactos rebeldes era o capitán da Garda Civil, José Rañal Lorenzo, ao que se sumaban o tamén capitán da Garda Civil Gumersindo Varela Paz; o comandante do Estado Maior, Fermín Gutiérrez de Soto; o capitán de Infantería da Garda de Seguridade e Asalto, Ricardo Balaca Navarro e o tenente coronel da Garda Civil, Benito de Haro Lumbreras. A súa idea era atentar contra o pazo do Goberno Civil, pero descubriunos o día 18/04/1936 o comandante da Garda Civil, Fernando Monasterio Bustos.
Nesta movida tamén se aliñaban o capitán de Artillería, Eduardo Ozores Arráiz; o capitán de Infantería, Ezequiel Román Gutiérrez; o capitán de Enxeñeiros, Ventura Osset e o capitán Xurídico, Tomás Garicano Goñi (enlace co xeneral Emilio Mola Vidal). Tamén se implicaron, en menor medida, o tenente coronel de Infantería, Óscar Nevado Bouza, o capitán médico, Miguel Parrilla Hermida, o capitán de Intendencia, Garnica e o tenente coronel do Corpo de Carabineiros, José Meseguer Marín. Como non, había elementos de Falanxe e das XAP. Unha vez descuberta a tentativa rebelde, a José Rañal Lorenzo e a Benito de Haro Lumbreras encarceráronos; pronto saíron absoltos.
Por mor de incidentes no Grupo de Asalto da Coruña, a Gabriel Aizpuru trasladárono a Bilbao, a Manuel Patiño a Sevilla e a Ricardo Balaca a Murcia.
Cando se declara a guerra civil, atópase en Murcia, onde prepara un intento de sublevación da Garda de Seguridade e Asalto murciana a favor dos militares rebeldes. Despois do fracaso desta sublevación xulgárono en setembro de 1936 e condenárono á pena de morte. Fusilado.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.