← Volver atrás

Búa Carou, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado

Nacemento:

Caldas de Reis
(Pontevedra)
- 01/01/1877 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/01/1944 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e político, 59 anos. Casado con Dolores Nine Fraga; tiveron seis fillas e un fillo: María-Dolores, Mercedes, Guillermina, Victoria, Carmen, Ángeles e José. Veciños da rúa Riego de Agua, 17-3º, na Coruña. Irmán de Francisco-Agustín-Juan Búa Carou, morto na cadea. Tenente coronel da Sanidade Militar, retirado.

Presidente da Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns da Coruña. En 1932 Alfredo Suárez Ferrín era membro do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) na Coruña, que creara o seu irmán Julio Suárez Ferrín, Gonzalo Acosta Pan, Ramón Lago Portela, Emilio Freijido García e os médicos José Búa Carou, José Barbeito Rouco e Aurelio Gutiérrez Moyano, entre outras persoas.

En 1934, sendo xa militante de Esquerda Republicana (ER), foi presidente do Grupo Local de ER na Coruña. Un importante orador. Socio do Casino Republicano coruñés e do Centro de Estudos Sociais Germinal.

Procesado.

O Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo incooulle o expediente 15/48.

Morreu no seu domicilio da Coruña aos 67 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha