Nacemento:
Morte:
Labrego, 36 anos. Casado. Veciño de Muras (Lugo).
Militante da Agrupación Socialista (AS) de Muras, da que era tesoureiro do ano 1933 ao ano 1936. Membro da UXT.
Encarcerado.
Prendérono polo intento de defensa do goberno republicano e ingresárono no depósito de Viveiro (Lugo) o día 19/08/1936; trasladado á Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 16/01/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 801/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 21/01/1937. Neste proceso xulgaron a varios veciños de Láncara, Muras, Ourol e Viveiro, todos na provincia de Lugo.
A correspondente sentenza ditou pena de morte para: Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas), José Felpeto Gómez (conmutada pola de cadea perpetua) e Antonio Lafuente Jiménez. A cadea perpetua castigaron a: Antonio Baamonde Carreiras, Luis-Enrique Baamonde Peón, Antonio-María Carreiras Pita, Jesús Fernández Fernández, Jesús Guzmán Carreiras, José-María Pérez Rego, José Prado Palo e Francisco Vidal Baamonde. Cadea de 12 anos e un día para: Francisco Cora García e Alejandro Temblás Paz. Tamén condenaron a prisión a Modesto Riguera Díaz. O auto declarou fuxido a José Temblás Paz.
Pena conmutada na comisión de exame de penas de Lugo pola de 20 anos e un día de cadea.
Tamén o procesaron na causa 906/36 e na causa 907/36.
Enviado á Prisión Provincial da Coruña o día 20/03/1937.
O día 12/12/1942 trasladárono como penado para traballar en Santa María de Toiriz, Pantón (Lugo).
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1940.
Deixárono en liberdade condicional o día 07/03/1944.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.