← Volver atrás

Díaz Marzábal, José-María

Alcume: Blanquín
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Madrid

Morte:

Santa Eufemia de Visuña, Folgoso do Courel

Biografía

Veciño de Santa María de Meiraos, Folgoso do Courel, por adopción dunha familia deste lugar.

Fuxido.

Dirixiu o grupo de fuxidos de Blanquín, contando coa colaboración, entre outras persoas, de Mavilo Sotuela Vila. Este sería unha das primeiras partidas guerrilleiras do Courel das que moitos homes se integraría, co tempo, na Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito auxilio á rebelión, na causa 1004/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra veciños de Folgoso do Courel e do Incio.

A sentenza condenou a cadea perpetua a Juan Chaos Díaz; a 20 anos de cadea a Antonio Gómez Núñez e a Victorino Novo Fernández; a 12 anos a Vicente-Manuel Expósito Estévez e a Manuel Novo López; a seis anos a Manuel Rodríguez Valcárcel; tamén condenaron a prisión a Lorenzo Arias Fernández. O mesmo auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, Manuel Cela Macía, José-María Díaz Marzábal, Lisardo Jato Campo, Manuel López López, Manuel Novo Fernández, Jesús Núñez Rodríguez e Mavilo Sotuela Vila.

Xulgado en Lugo polos delitos de rebelión, atraco e o asasinato de Serafín Rivera Simón, na causa 104/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Condenaron á pena de morte a Mavilo Sotuela Vila, logo conmutada pola de cadea perpetua; castigaron a 20 anos a Manuel Arias Fernández e a prisión temporal a Jesús Santín López. O auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, José-María Díaz Marzábal, Jesús Núñez Rodríguez e Amador Santín López.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de asasinato, na causa 910/38, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 21/07/1938. Este procedemento acumulouse logo á causa 588/40.

Tamén declararon fuxido neste proceso a Antonio López Fernández.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha