← Volver atrás

Escourido Cobo, María-Josefa

Alcume: Xosefa da Lúa
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxida. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Atián do Medio, San Pedro de Miñotos, Ourol
(Lugo)
- 29/03/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

O Forcón, A Pena Grande, Santo Estevo de Silán, Muras
(Lugo)
- 21/06/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleira, 26 anos. Nai de solteira de Benedicto Escourido Cobo, Benedicto da Lúa, executado.

Fuxida. Morte en enfrontamento.

Enlace da guerrilla, rematou fuxida no monte co seu fillo Benedicto a finais de 1947, logo da morte de José Vázquez Gómez, Ubaldo. Despois da caída, o día 02/10/1948, do seu fillo Benedicto Escourido Cobo, Benedicto da Lúa, con José-María Porto Lestegás, Herbellas, a Garda Civil presentouse na súa casa para levala ao cuartel de Viveiro (Lugo) para que declarara xa que descubriran que os fuxidos paraban na súa casa e pasaban por alí para detelos. Mentres agardaban a que se mudara, fuxiu e botouse ao monte.

A finais de xuño de 1949 agochábase, cos restos do Destacamento Segundo Vilaboy, nunha cabana entre matogueiras no Forcón. O lugar arrodeouno a Garda Civil.

Celia González Pernas, Celia da Ferraría, morre neste enfrontamento coa Garda Civil no Forcón o día 21/06/1949 e nos primeiros momentos do enfrontamento. Alertados polos tiros, Juan Gallego Abeledo, Buzo, Comandante, xefe do destacamento, e Juan Pérez Dopico, Xan de Xenaro, saíron da cabana e pronto acabaron mortos. Quedaban dentro do refuxio José Pedreira de la Iglesia, Queimarán, Tomás Padilla, Caravana (algúns investigadores sinalan que era Manuel Clavero de la Iglesia o morto e non Queimarán), e María-Josefa Escourido Cobo, Xosefa da Lúa, quen contestaron o ataque e os represores incendiaron a cabana con bombas de man; finaronentre as lapas os últimos daquel destacamento.

Certos autores poñen en dúbida que o guerrilleiro calcinado fora Queimarán.

A cova na que se agochaban delatárana á Garda Civil e os gardas plantáronlle lume. Todos eles eran do grupo de José Temblás Paz, Temblás, mozo de Celia, e que aquel día non se atopaba na zona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha