← Volver atrás

Fernández Granell, Mario

Alcume: Mario Granell
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1991 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Pintor, poeta e empregado, 22 anos. Casado. De pequeno viviu entre A Coruña e Santiago de Compostela e sería alumno de Camilo Díaz Baliño. Irmán de Eugenio Fernández Granell, exiliado. Oficinista. No ano 1930 marchou a Madrid coa súa familia.

Militante das esquerdas desde mozo; primeiro afiliouse ao Sindicato de Grosistas da Alimentación, da UXT. Militou no Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM).

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

O golpe de Estado colleuno na Coruña de vacacións e agochouse na casa de Rosa Ustarroz Serrate e logo foxe ao monte ata que o prenden no Portiño.

Foi un dos participantes no intento de Fuga do Portiño (A Coruña) na noite do 3 ao 4 de marzo de 1937.

O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro, na Coruña para preparar unha evasión masiva. Fálase de que se implicaran unhas 100 persoas da CNT, da FAI, das XXLL, do PCE , do PSOE, de ER... Posiblemente por mor dunha delación, a Garda Civil rodeou a zona e prenderon a 27 persoas (a 19 fusiláronas máis tarde). Moitos guindáronse ao mar, desde moita altura, nunha última procura da liberdade; catro, polo menos, afogaron.

Morreron afogados: Emilio Rodríguez Doldán, Xanetas, empregado; Genaro Pazos Maceira, xornaleiro; Manuel Doldán Don e un descoñecido de iniciais L.C.G.

Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 362/37.

Os fusilados entre setembro e outubro de 1937 foron: Manuel Baldomir Vázquez, Cebolo, zapateiro; Manuel Bergantiños Pose, Chasco, albanel; José-Antonio Boedo Núñez, albanel; Gregorio Cardoso Francisco; Aurelio Castillo Barreiro, albanel; Francisco Díaz Moreno, pintor; Ramón Díaz Valeiro, tipógrafo; Salvador-Mateo Domingo Lliso, oficinista; Alejandro Dopico Saleta, mariñeiro; Pedro Fernández Ferreiro, panadeiro; Ramiro Fontenla Andújar; José García Vázquez, empregado; Ramón González Canosa, dependente; Luis Lafuente Naveira, Reseco, carpinteiro; Antonio Lorenzo García, barbeiro; Federico Rivadulla Rivero, Iquiño; José Rodríguez Serantes, Sarxento, xornaleiro; Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González, panadeiro. A 18 fusiláronos o día 09/10/1937 e a Boedo Núñez, un mes antes, o día 11/09/1937.

Condenaron á pena de morte, no ano 1938, a Enrique-Rodrigo-Antonio-Santos González Mathe; a súa pena conmutáronlla pola de cadea perpetua.

Castigaron á pena de cadea perpetua a: José Castro Añón, pintor; Primo Fajardo Lojo, mariñeiro; Manuel Fernández Blanco, chofer; Mario Fernández Granell, pintor; Fernando López Mantiñán, carpinteiro; Manuel Rodríguez Manresa, xornaleiro; Manuel Parga Suárez; Ricardo Parrondo Ortega, fogueiro; Enrique Roca Gantes e Ramón Varela Rodal, fogueiro.

Condenaron a 15 anos de prisión a: Fernando Castelo Pérez, barbeiro, e Carlos Pérez Fontenla, empregado.

Aos gardas civís que participaron felicitáronos os seus superiores.

Xulgado en consello de guerra na Coruña en 1937 co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena conmutada pola de cadea perpetua.

Ao saír da cadea na Prisión Provincial da Coruña en 1942 adicouse a tarefas decorativas por toda Galicia e residiu en Vigo.

No ano 1957 exiliouse en Venezuela coa súa dona e as súas fillas.

A mediados dos anos oitenta regresou a España e estableceuse en Vigo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.