← Volver atrás

Fontenla Andújar, Ramiro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Santa María de Nigoi, A Estrada
(Pontevedra)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Zapateiro, 26 anos. Solteiro. Veciño do Portádego, na Coruña, desde 1933.

Afiliado do PCE, no que exerceu de tesoureiro na Coruña. Membro do Sindicato Único do Ramo da Construción, da CNT.

A comezos de 1936 detivérono por berrar “morte ao fascismo” e por levar unha arma sen licencia.

Executado.

Participou na resistencia ao golpe militar preto do edificio da Telefónica, na rúa San Andrés e nas obras da Caixa de Aforros, na Coruña.

Despois do triunfo do golpe participou na reconstrución do PC na cidade con Primitivo Miguel Frechilla. Acusado da impresión dunhas follas nas que se chamaba á resistencia ao fascismo, nos primeiros días do caos nos cárceres saíu en liberdade, mentres que a Flechilla sentenciárono a cadea perpetua.

Foi un dos participantes no intento de Fuga do Portiño (A Coruña) na noite do 3 ao 4 de marzo de 1937.

O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro, na Coruña para preparar unha evasión masiva. Fálase de que se implicaran unhas 100 persoas da CNT, da FAI, das XXLL, do PCE, do PSOE, de ER... Posiblemente por mor dunha delación, a Garda Civil rodeou a zona e prenderon a 27 persoas (a 19 fusiláronos máis tarde). Moitos guindáronse ao mar, desde moita altura, nunha última procura da liberdade; catro, polo menos, afogaron.

Morreeron afogados: Emilio Rodríguez Doldán, Xanetas, empregado; Genaro Pazos Maceira, xornaleiro; Manuel Doldán Don e un descoñecido de iniciais L.C.G.

Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 362/37.

Os fusilados entre setembro e outubro de 1937 foron: Manuel Baldomir Vázquez, Cebolo, zapateiro; Manuel Bergantiños Pose, Chasco, albanel; José-Antonio Boedo Núñez, albanel; Gregorio Cardoso Francisco; Aurelio Castillo Barreiro, albanel; Francisco Díaz Moreno, pintor; Ramón Díaz Valeiro, tipógrafo; Salvador-Mateo Domingo Lliso, oficinista; Alejandro Dopico Saleta, mariñeiro; Pedro Fernández Ferreiro, panadeiro; Ramiro Fontenla Andújar; José García Vázquez, empregado; Ramón González Canosa, dependente; Luis Lafuente Naveira, Reseco, carpinteiro; Antonio Lorenzo García, barbeiro; Federico Rivadulla Rivero, Iquiño; José Rodríguez Serantes, Sarxento, xornaleiro; Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González, panadeiro. A 18 fusiláronos o día 09/10/1937 e a Boedo Núñez, un mes antes, o día 11/09/1937.

Condenaron á pena de morte, no ano 1938, a Enrique-Rodrigo-Antonio-Santos González Mathe; a súa pena conmutáronlla pola de cadea perpetua.

Castigaron á pena de cadea perpetua a: José Castro Añón, pintor; Primo Fajardo Lojo, mariñeiro; Manuel Fernández Blanco, chofer; Mario Fernández Granell, pintor; Fernando López Mantiñán, carpinteiro; Manuel Rodríguez Manresa, xornaleiro; Manuel Parga Suárez; Ricardo Parrondo Ortega, fogueiro; Enrique Roca Gantes e Ramón Varela Rodal, fogueiro.

Condenaron a 15 anos de prisión a: Fernando Castelo Pérez, barbeiro, e Carlos Pérez Fontenla, empregado.

Aos gardas civís que participaron felicitáronos os seus superiores.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h na Punta Herminia, na Coruña.

Soterrárono o día 9 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Manuel Baldomir Vázquez, Manuel Bergantiños Pose, Gregorio Cardoso Francisco, Aurelio Castillo Barreiro, Francisco Díaz Moreno, Ramón Díaz Valeiro, Salvador-Mateo Domingo Lliso, Alejandro Dopico Saleta, Pedro Fernández Ferreiro, José García Vázquez, Ramón González Canosa, Luis Lafuente Naveira, Antonio Lorenzo García, Federico Rivadulla Rivero, José Rodríguez Serantes, Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.