Nacemento:
Morte:
Político. Veciño de Vimianzo. Irmán de Clotilde Lema Trillo, mestra depurada.
Concelleiro de Vimianzo nas eleccións municipais de 1931 e nomeado síndico suplente. Elixido de novo en 1932 concelleiro polo Partido Republicano Radical (PRR). Tamén tivo representación na corporación de 1935 en representación do Partido Radical Demócrata (PRD) e nomeárono síndico. Elixido concelleiro e nomeado 1º tenente de alcalde pola Unión Republicana (UR) en 1936. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado de xullo de 1936.
Tiña como compañeiros na Corporación de Vimianzo de 1936, entre outras persoas, a: José Castro Miñones, sancionado; Manuel Vidal Martínez, executado; Víctor Vázquez Varela, sancionado; José Alborés Gándara (alcalde), encarcerado; Julio Moreira Gándara, sancionado; Antonio Gándara Oreiro, sancionado; José Ogando Lage, sancionado; José Lavandeira Valiña, sancionado; Cándido Rodríguez Caamaño, encarcerado; Ramón Suárez García, sancionado; José Caamaño Lema, executado; Manuel Alborés Gándara, executado.
Fuxido.
Logo de que se producira o golpe de Estado o alcalde José Alborés Gándara, Cordas "o 22 de xullo para dar sensación de fortaleza, asaltou o castelo de Vimianzo, propiedade de Ramón e Mercedes Martelo de la Mata, coa intención de facelo sede do concello; acompañárono Andrés García Ferreiro (secretario do concello), Manuel Alborés Gándara, Víctor Vázquez Varela, Alejandro Lema Trillo, Francisco Lema Sendón, Manuel Lorenzo Pérez, Eliseo-Antonio Lastres López e Segundo, o Xalleiro” (texto do cóengo da Catedral de Santiago de Compostela, Manuel Silva Ferreiro, do ano 1938 Galicia y el Movimiento Nacional: páginas históricas).
Xulgado en consello de guerra na Coruña co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Agochouse en Baio (Zas) na casa da súa irmá Clotilde, mestra nacional nesta localidade.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.