Nacemento:
Morte:
Industrial e político, 50 anos. Casado con Josefa Ronda; tiveron tres fillos e dúas fillas: Emilio, Purificación, Fernando, Óscar e Josefina. Veciños da rúa Manuel Núñez, 4-baixo, en Vigo. Ao seu fillo Emilio Martínez Ronda procesárono e a Fernando Martínez Ronda, encarcerárono xunto co seu pai na Illa de San Simón. Desenvolveu a súa actividade empresarial en Vigo, onde era propietario da funeraria El Óbito.
Membro da Agrupación Socialista (AS) de Vigo e da UXT. Concelleiro de Vigo nos últimos anos vinte. Coa proclamación da II República elixírono alcalde da cidade, cargo no que se mantivo desde decembro de 1932 ata que o destituíron os das dereitas o día 09/03/1934.
No ano 1933 foi candidato a Cortes sen obter acta de deputado.
Participou na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 polo que o encarceraron ata o día 24/12/1934.
Co triunfo da Fronte Popular (FP) elixírono, de novo, alcalde de Vigo en febreiro de 1936 e formou parte do Comité de Alcaldes que o día 13/07/1936 presentou o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) diante das Cortes españolas. Sería o último alcalde republicano de Vigo.
Executado.
Acudiu a Madrid coa comisión para a entrega nas Cortes do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) e regresou o día 18 de xullo cando se produce o golpe dos rebeldes, polo que o día 19 de xullo formou en Vigo o Comité de Defensa da República da FP, coa participación de concelleiros e deputados, cando o Goberno republicano ordenou a formación de comités permanentes para enfrontarse á crise.
Reunidos no Concello trataron de manter a tranquilidade entre a cidadanía. Cando o oficial ao mando da Garda de Seguridade e Asalto se ofreceu para defender o concello e armar voluntarios, o alcalde negouse, aducindo que confiaba na palabra dada polo comandante militar da praza. Os da CNT ofrecéronse para a defensa da cidade e pediron armas; o alcalde volveu negarse e volveu ratificar a súa confianza no comandante militar.
O luns 20 de xullo oficiais da guarnición viguesa subleváronse e dispararon contra a multitude que se manifestaba a favor da República. Aos membros do Comité de Defensa da República do FP, con Emilio Martínez Garrido ao fronte, detivéronos ese día 20 ás 21:00 h, cando se rende o Concello. Os franquistas desposuírono do cargo de alcalde.
Xulgado nun consello de guerra sumarísimo en Vigo o día 20/08/1936 polo delito de traizón, na causa 142/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os franquistas no cemiterio de Pereiró, en Vigo, o día 27 de xullo. A fronte do pelotón de fusilamento atopábase o oficial rebelde de Artillería Antonio Carreró Vergés.
Ás 05:30 h fusilaron nos muros do cemiterio de Pereiró a: José Antela Conde, camareiro; os irmáns Antonio Bilbatúa Zubeldía, funcionario, e Demetrio Bilbatúa Zubeldía, fotógrafo; Enrique-Heraclio Botana Pérez, tipógrafo; Ubaldo Gil Santóstegui, médico; Ramón González Brunet, funcionario; Emilio Martínez Garrido, industrial; Manuel Rey Gómez, mariñeiro; Ignacio Seoane Fernández, panadeiro, e Apolinar Torres López, mestre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.