Nacemento:
Morte:
Mineiro, 14 anos.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Antigo guerrilleiro do grupo os Caxigales, que operaban na zona central do Principado de Asturias.
Chegou a Galicia con Manuel Rodríguez Suárez, o Asturiano, a finais de 1946, fuxindo dunha caída do PCE na zona asturiana e traballou nas minas de Fontao, Vila de Cruces (Pontevedra), onde se incorpora á dirección do PCE en Galicia.
Desde 1947 intégrase na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que lideraba Benigno Andrade García, Foucellas, e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, dentro do grupo que comandaba Miguel Nicolás Esperante, o Corcheiro. Na V tamén coincidiu con Ricardo Fernández Carles e Vicente López Novo, Rufino.
A partida de Benigno Andrade García axustiza ao falanxista Jesús Cuñarro Mosteiro na súa taberna de Cercio, Lalín (Pontevedra) o día 10/02/1948. Interveñen na acción Foucellas, Florentino Menéndez Palacio, José Remuiñán Barreiro, Julio Bazarra Constenla, Vicente López Novo, Miguel Nicolás Esperante e Eugenio Rueda Perosanz.
Despois da caída da V Agrupación; os superviventes volveron ao grupo de Foucellas.
A este grupo avistouno a Garda Civil en Loureiro o día 19/05/1948, cando descansaba nun alpendre da casa de Carmen Mosqueira Parajo. Nun primeiro enfrontamento, no fogo cruzado, morre o número da Garda Civil, Manuel Jardón Castro. O sarxento Antonio Otero Louro, ao mando dos gardas civís, ordena incendiar o alpendre onde se refuxiaban os guerrilleiros. Manuel Agrasar Cajaraville, Barbarroxa, morreu polos disparos das metralladoras xunto con Vicente López Novo, Rufino, Florentino Menéndez Palacio, Tino, e Ricardo Fernández Carles. Dous guerrilleiros logran fuxir, Benigno Andrade García, Foucellas, e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, retiráronse á zona de Curtis (A Coruña).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.