Nacemento:
Morte:
Militar, 61 anos. Casou con Eva Iglesias Sierra; tiveron 11 fillos. Ingresou na Escola Naval Flotante no ano 1891. Tomou parte nas campañas de Filipinas, Cuba e Marrocos. Capitán de corveta en 1920 e de fragata en 1923, nomeárono segundo comandante do acoirazado Jaime I. En 1929 era capitán de navío e xefe do Estado Maior en Ferrol, logo ata o día 27/11/1930 comandante do Jaime I. O día 26/01/1932 ascende a contraalmirante; en outubro de 1934 era o xefe do Arsenal ferrolán. En xuño de 1936 acada o grao de vicealmirante (por entón o escala máis alta na Mariña) e designárono, o día 30/06/1936, xefe da Base Naval de Ferrol.
Golpista.
O golpe rebelde sorpréndeo en Ferrol. Nun primeiro momento, dubitativo, negouse á declaración do estado de guerra na cidade de Ferrol, á espera do que decidira o xefe da VIII División Orgánica, Enrique Salcedo Molinuevo, de quen dependía organicamente. Diante da presión de moitos mandos e oficiais tivo que decretar o estado de alarma (C), que realmente era un estado de guerra sen bando.
Despois da detención do 2º xefe da Base Naval e xefe do Arsenal, Antonio Azarola Gresillón, nomeou para este cargo a Francisco Moreno Fernández.
Estivo presente na xefatura da Base Naval, co tenente coronel José Fano Díaz, na entrevista que reuniu a Azarola co alcalde Antonio Santamaría López, na que se tentaba que o alcalde convencera aos resistentes ao golpe no cruceiro lixeiro Almirante Cervera e no acoirazado España para que se renderan; Santamaría dixo que non tiña potestade nin influencia sobre a mariñeiría e negouse a dirixirse a eles.
Negociou o acordo de rendición Almirante Cervera co seu comandante, o capitán de navío José-Sandalio Sánchez Ferragut. Ambos asinaron o documento no que se comprometían a que non houbese represalias sobre da dotación. Todo quedou en augas de borralla.
Finalmente, o 22 de xullo, fíxose co control da cidade e, en agosto, recibiu a felicitación do propio Francisco Franco Bahamonde.
A primeiros de agosto de 1936 perde ao seu fillo Francisco Núñez Iglesias, alférez de navío, e ao seu xenro Juan Garat Rull, capitán de corveta, os dous destinados no cruceiro lixeiro Libertad. Executáronos despois de que a mariñeiría leal á República se apoderara do cruceiro; tamén axustizaron á maioría dos seus compañeiros oficiais e ao comandante do buque Hermenegildo Franco Salgado-Araujo, que tamén era o sogro do seu fillo Pedro Núñez Iglesias, tenente de navío.
Debido á súa actitude contraria á represión sen formación de causa e, sobre todo, a súa negativa a asinar a sentenza de morte do comandante do cruceiro lixeiro Almirante Cervera, Juan-Sandalio Sánchez Ferragut, con quen asinara as condicións de rendición do buque asegurando que non habería represalias, cesárono no seu cargo o día 23/09/1936, pasando en situación de dispoñible a Lugo. Xa non volveu regresar ao servizo activo, pasando á reserva o 04/02/1937 “por su poca energía en los primeros días del alzamiento”. Sucedeuno no mando o contra-almirante Luis Castro Arizcun, ata ese día xefe do Arsenal ferrolán.
A Núñez Quijano xa o cesara no mando o Goberno da República o día 21 de xullo, nun telegrama que o ministro José Giral Pereira remitira por medio do subsecretario do ministerio, o xeneral de brigada Francisco Matz Sánchez, ao contraalmirante xefe do Arsenal, Antonio Azarola Gresillón e ao alcalde de Ferrol Antonio Santamaría.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.