← Volver atrás

Paradela Barros, Marcos

Alcume: o Coxo de Paradela
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

San Pedro de Filgueira de Barranca, Cesuras
(A Coruña)
- 28/02/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Morte en enfrontamento.

Compañeiro sentimental de Clementina Gallego Abeledo. En 1948 Clementina convenceuno para que se incorporara á guerrilla antifranquista. A súa limitación física víase compensada por unha áxil mente que empregaba moi ben para a confección de propaganda no Eume.

Á súa compañeira prendérona en Irurzun (Navarra) en xullo de 1948, cando acompañaba cun cargamento de armas cara Galicia a Juan-José Romero Ramos. A ela condenárona a prisión na Coruña, no mesmo xuízo no que se condenou á morte a José Gómez Gayoso, Juan, Carlos, López, e a Antonio Seoane Sánchez, Julián, Jorge.

Paradela Ramos foi un dos guerrilleiros que se acubillou na casa da Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), que era propiedade de Rafael Freire Lamas, pai dos Freire Barcia. Pola súa coxeira era un dos que máis tempo pasaron naquela casa, como José-Antonio Castro López, Tucho, que padecía do corazón e María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina.

Marcos, despois de rechazar a fuxida a Francia con Francisco Rey Balbís, Moncho, continuou unha vida de guerrilleiro solitario ata que no primeiro semestre de 1951 mátao a Garda Civil, xunto co delegado por Vigo (Pontevedra) no Comité Rexional do PCE, Valentín Fernández González, Víctor, en Cesuras.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Filgueira de Barranca.

Bernardo Máiz dao por morto nun enfrontamento en León, no segundo semestre de 1951.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha