← Volver atrás

Pardo Carmona, Rafael

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Depurado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 12/07/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 03/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 37 anos. Veciño da rúa Santa Clara, 12-2º, en Santiago de Compostela. Mestre interino en Arzúa (1926), Santaia de Moar, Frades (1927), Lintín (1928) e San Vicente de Rial, Val do Dubra (1929); en 1936 concedéranlle a praza en Baño, San Pedro de Muros, Muros (A Coruña), pero aínda non tomara posesión.

Militante de Esquerda Republicana (ER) na súa cidade e da Asociación de Traballadores do Ensino.

Colaborou con El Pueblo Gallego.

No decurso da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 arrestárono en Santiago de Compostela.

Executado. Depurado.

Despois do alzamento militar prendérono os fascistas. Acusárono de ser un dos organizadores das milicias armadas que se opuxeran ao alzamento militar. Un dos informes máis desfavorables na súa contra foi a do cura de Rial Manuel Pose Rodríguez, co que estaba enfrontado.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o día 19/11/1936 polo delito de traizón, na causa 231/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Xuízo contra os 12 membros do Comité de Defensa da República da Fronte Popular (FP) en Santiago de Compostela.

O tribunal condenou neste caso á pena de morte a: Fernando Barcia Beiras, José-Eduardo Carnero Valenzuela, Rafael Frade Peña, José Germán Fernández, Luis Martínez Nouche, Manuel Maroño Calvo, Rafael Pardo Carmona, Modesto Pasín Noya, Francisco Ponte Ces e Luis Rastrollo González; castigaron a cadea perpetua a: Jesús-Juan Lema Lema, Marcial Pérez Martínez e Jesús Vieiro Gómez.

Fusilárono os golpistas no cemiterio de Boisaca.

Nesta operación represora fusilaron a: Fernando Domínguez Caamaño, funcionario; Rafael Frade Peña, estudante; José Germán Fernández, político; José Maroño Calvo, tipógrafo; Manuel Maroño Calvo, tipógrafo; Luis Martínez Nouche, funcionario; Rafael Pardo Carmona, mestre; Modesto Pasín Noya, pintor; Francisco Ponte Ces, zapateiro, e Luis Rastrollo González, mestre.

Depurado como mestre nacional.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.