Nacemento:
Morte:
Militar, aviador e médico, 28 anos. Fillo do ditador Miguel Primo de Rivera Orbaneja, quen gobernara España de 1923 a 1930 e irmán de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia, Pilar Primo de Rivera Sáenz de Heredia e de Miguel Primo de Rivera Sáenz de Heredia. Colaborou con José-Antonio na estruturación de Falanxe Española (FE).
Golpista.
Formou parte da conspiración rebelde que pretendía derrubar o Goberno republicano, facéndose cargo da organización dos falanxistas de cara á sublevación militar. A pesares da súa participación, era pesimista e non tiña confianza no triunfo dos rebeldes en Madrid.
Despois do comezo da guerra civil, prendérono milicianos republicanos e levárono ao cárcere Modelo (Madrid). Na noite do 22 ao 23 de agosto de 1936, milicianos armados asaltaron a prisión, provocando a "Matanza de la prisión Modelo", na que executaron a 28/30 líderes políticos das dereitas, entre eles os políticos Melquiades Álvarez González-Posada, José Martínez de Velasco Escolar e Manuel Rico-Avello García de Lañón, e os falanxistas Fernando Primo de Rivera Sáenz de Heredia e Julio Ruiz de Alda Miqueleiz. O líder falanxista Raimundo Fernández-Cuesta Merelo, salvouse, igual que Ramón Serrano Suñer. Tamén axustizaron os xenerais Rafael Villegas Montesinos e Oswaldo-Fernando de la Caridad Capaz Montes.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.