← Volver atrás

Río Botana, Manuel del

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Ordes
(A Coruña)
- 20/10/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Queis, Santa Cruz de Montaos, Ordes
- 15/05/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 17 anos. Veciño de Sar, Santa María de Ordes, Ordes.

Encarcerado. Morte en enfrontamento.

Cando se produce o golpe militar era menor de idade, tomou parte na defensa republicana de Ordes e de Santiago de Compostela (A Coruña); detivérono os fascistas o día 30/07/1936 e trasladado á cadea de Santiago de Compostela.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) o día 22/12/1936 polo delito de traizón, na causa 230/36, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Condenaron á pena de morte neste xuízo a: Ángel-Jesús Caamaño Villaverde, José García Fernández, José de la Iglesia Vilariño, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, José del Río Pampín, Manuel del Río Pampín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste; castigaron a cadea perpetua a Salvador Grela Veiras e a 12 anos e un día a Manuel del Río Botana.

Pasou polos cárceres de Ordes, Santiago de Compostela, A Coruña, Vitoria (Araba) e os talleres penitenciarios de Alcalá de Henares (Madrid).

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Interno nos Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares (Madrid), publicaron a súa liberdade condicional no BOE nº 183 do día 02/07/1941.

Reclamado para facer o servizo militar destinárono a un batallón disciplinario de soldados traballadores en Bilbao (Biscaia).

De regreso a Ordes contactou co grupo de Manuel Ponte Pedreira, Xastre, co que colaborou como enlace.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela por agresión na causa 160/45.

O tribunal militar condenou á pena de cadea perpetua a: Jesús Calvo Martínez, Germán Doval García, Tomás Iglesias N. e Juan Ríos García. Tamén procesaron a: Francisco Comesaña Rendo, José García Fernández, Salvador Grela Veiras, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, Manuel Ponte Pedreira, Manuel del Río Botana, Pedro del Río Caramelo, José del Río Pampín, Manuel del Río Pampín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste; a moitos deles executáranos con anterioridade.

Morte rexistrada ao suicidarse canto o cercou a Garda Civil o día 15/05/1945 no lugar de Queis, na casa do enlace Juan Penedo López. Outros compañeiros puideron fuxir da redada.

Na súa honra Manuel Ponte Pedreira creou en 1946 o Destacamento Manuel Botana, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.