Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, sindicalista e político, 28 anos. Solteiro. Veciño de San Xoán de Covas, Viveiro.
Presidente da CNT en Viveiro.
Fuxido. Paseado.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 02/08/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 309/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 14/12/1936. Proceso contra varios veciños de Ribadeo.
A sentenza deste xuízo condenou á pena de morte a: Fernando Bellón Fernández, Antonio Fernández Sánchez e Luciano Martínez Piñeiro; penas de cadea perpetua para: José Castaño Reimundo, Francisco Rodríguez Monteavaro e Luciano Rodríguez Monteavaro; tamén castigaron a prisión a José-Antonio Díaz Álvarez. O auto declarou fuxidos a: Florencio Carballo Novigil, Santiago Fariña Reinante, Enrique Navarret García, José-María Torviso Fernández e Andrés Vale Blanco.
Tempo andado prendérono en Ribadeo (Lugo) cando tentaba pasar ao Principado de Asturias.
Ingresado no depósito de Ribadeo (Lugo) o día 02/08/1936 e posto en liberdade o día 12/09/1936.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 851/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra varios veciños de Viveiro.
Decretouse a pena de morte para Jesús Bellas Cao (xulgado en varias causas); pena de cadea perpetua para Manuel Cociña Seijo e prisión temporal para Amando Guerreiro Rivera. O auto declarou fuxido a Andrés Vale Blanco.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de rebelión e auxilio á rebelión, na causa 903/36, tamén co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Ditáronse as seguintes sentenzas de pena de morte para: Jesús Bellas Cao e Agustín Rouco Vilar; castigaron a cadea perpetua a: Antonio Andrade Teixeira, José Chao González, José Doval Guerreiro, José Fraga Otero, Elías García Insua, Antonio González Costa, Jesús Lage López, Luis Paleo Leal, Manuel-José Parapar Díaz, José Pernas Vizoso, Vicente Quelle Cociña, Sebastián Romero Sánchez e Severino Sanjurjo Fernández; 20 anos de prisión para Carmen López Parapar; Sentenciaron a 15 anos de cadea a: Miguel Álvarez Insua, Francisco Martínez Oca, Francisco Pardo Timiraos, Avelino Prieto Rodríguez, José-María Sánchez Fernández, Jesús Sánchez García e José Timiraos Trasancos; condenaron a oito anos a Manuel Chao Pérez; declararon fuxidos a: Severino Bouza Pardo, Francisco-José García Gómez, Pedro López Fernández, Manuel Rodríguez Lago, José Seco Catá, Andrés Vale Blanco, Manuel del Valle Fernández e Modesto Vilar Insua.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1041/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 14/11/1936. Xuízo contra varios veciños do Vicedo e Viveiro.
A correspondente sentenza condenou a cadea perpetua a: Andrés Fernández Fernández e Antonio Fernández López; condenaron a prisión temporal a: Juan Iglesias Pérez e Juan Insua Pérez. O auto declarou fuxido a Andrés Vale Blanco.
Morte rexistrada nas voltas do Prado dos Remedios por mor dunha ferida no bulbo raquídeo e no corazón.
Soterrárono nunha fosa común en Mondoñedo e inicialmente inscribírono como descoñecido.
Asasinado polo xefe comarcal de milicias de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) Pablo de la Fuente Aguirre, quen xustificou a execución cun intento de fuga.
Nese lugar e data asasinaron a: Florencio Carballo Novigil, mariñeiro; Antonio-María Martínez López, labrego; Enrique Navarret García, mariñeiro, e Andrés Vale Blanco, xornaleiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.