← Volver atrás

García Fernández, José

Alcume: García
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Almeríat
- 01/01/1895 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 08/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 41 anos. Veciño de Ordes (A Coruña). Mestre da Escola nº 2 de Ordes desde abril de 1934. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (A Coruña) e Veterinaria na USC. Mestre no barrio do Recreo, en Ordes. Profesor auxiliar da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela desde 1923 ata 1927. Tivo unha clínica veterinaria na cidade do apóstolo que pechou no 1932.

Militante do Partido Galeguista (PG), sendo membro do seu Consello Nacional. Dirixente da Fronte Popular (FP) e alcalde de Ordes.

Executado.

Participou na defensa de Ordes fronte aos golpistas.

Os franquistas prendérono e confinárono no cárcere de Santiago de Compostela; internárono na enfermería por mor das torturas ás que o someteran.

Xulgado o día 22/12/1936 en consello de guerra en Santiago de Compostela polos delitos de traizón e de rebelión militar, na causa 230/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Condenaron á pena de morte neste xuízo a: Ángel-Jesús Caamaño Villaverde, José García Fernández, José de la Iglesia Vilariño, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, José del Río Pampín, Manuel del Río Pampín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste; castigaron a cadea perpetua a Salvador Grela Veiras e a 12 anos e un día a Manuel del Río Botana.

Fusilado no cemiterio de Boisaca.

O día 08/02/1937 fusilaron no cemiterio de Boisaca a 11 veciños de Ordes, sentenciados á pena de morte nesta proceso; eran: Ángel-Jesús Caamaño Villaverde, mestre; José García Fernández, mestre; José de la Iglesia Vilariño, labrego; Manuel Moure Rey, labrego; Andrés Nogareda, xornaleiro; Paulino Pérez García, mecanógrafo; José Pérez Sanmartín, latoeiro; os irmáns José del Río Pampín, barbeiro, e Manuel del Río Pampín, carteiro; José Vázquez Mandayo, xornaleiro, e Benito Vilariño Liste, xornaleiro.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela, na causa 160/45.

O tribunal militar condenou á pena de cadea perpetua a: Jesús Calvo Martínez, Germán Doval García, Tomás Iglesias N. e Juan Ríos García. Tamén procesaron a: Francisco Comesaña Rendo, José García Fernández, Salvador Grela Veiras, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, Manuel Ponte Pedreira, Manuel del Río Botana, Pedro del Río Caramelo, José del Río Pampín, Manuel del Río Pampín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste; a moitos deles executáranos con anterioridade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.