Nacemento:
Morte:
Político, 30 anos. Casado. Veciños de Vimianzo. Irmán de Manuel Alborés Gándara, 1º tenente de alcalde de Vimianzo, executado en 1936.
Afiliado a Esquerda Republicana (ER) de Vimianzo, da que foi tesoureiro. Elixírono concelleiro e alcalde de Vimianzo nas eleccións municipais de 1936 por ER o día 20/02/1936. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.
Tiña como compañeiros na Corporación de Vimianzo de 1936, entre outras persoas, a: José Castro Miñones, sancionado; Manuel Vidal Martínez, executado; Alejandro Lema Trillo, fuxido; Víctor Vázquez Varela, sancionado; Julio Moreira Gándara, sancionado; Antonio Gándara Oreiro, sancionado; José Ogando Lage, sancionado; José Lavandeira Valiña, sancionado; Cándido Rodríguez Caamaño, encarcerado; Ramón Suárez García, sancionado; José Caamaño Lema, executado; Manuel Alborés Gándara, executado.
Fuxido. Encarcerado.
Cando se produce a sublevación militar, co secretario Andrés García Ferreiro (sentenciado a morte despois do golpe), tratou de evitar que os veciños se enfrontaran aos rebeldes fascistas alzados en Zas. Co seu irmán Manuel, dirixente de ER, pertencían a unha familia moi activa politicamente e tiñan relación intensa, sobre todo Manuel, con colectivos de esquerdas e cos sindicalistas da Costa da Morte.
Aos dous irmáns e ao secretario Andrés García Ferreiro tocoulles vivir un dos episodios máis negros da historia recente da zona. Catro días despois do golpe, o alcalde e o seu irmán reciben a nova de que varios falanxistas os agardaban para unha emboscada na ponte de Baio, Zas (A Coruña). Ante a opción de ir a enfrontarse con eles e provocar unha carnicería, os irmáns deciden manterse na legalidade e espéranos na vila ao tempo que organizan un acto simbólico.
O acto coñeceuse como o asalto ao castelo de Vimianzo, daquela chamado Torres de Martelo, e consistiu na ocupación do mesmo, cando o abandonaran e se atopaba medio en ruínas. Tratouse da entrada nas torres e a colocación da bandeira republicana e varias das esquerdas, ao tempo que se daba lectura ao expediente de expropiación do inmoble, asinado polo concello o 11 de maio de 1936, para adicalo a sede do concello e os terreos para un mercado público, matadoiro e lavadoiro. A acta de expropiación leuna o secretario.
Evitado o enfrontamento de Baio, os tres persoeiros principais dos feitos tiveron que asumir en primeira persoa as consecuencias do seu asalto pacífico. O día 25 a Garda Civil e un grupo de falanxistas liderados polo tristemente afamado tenente Rodrigo Santos Otero, entraron no castelo e retiraron os símbolos da ocupación; deteñen ao secretario García Ferreiro, a quen sentenciou a morte un tribunal militar en marzo de 1937 por este acto que se considerou subversivo e, finalmente, executárono na primavera de 1938.
Os irmáns Alborés conseguiron fuxir ao monte: José andaría escapado polos montes de Soneira durante 14 anos, Manuel sería detido, torturado e paseado.
Logo de que se producira o golpe de Estado, o alcalde José Alborés Gándara, Cordas "o 22 de xullo para dar sensación de fortaleza, asaltou o castelo de Vimianzo, propiedade de Ramón e Mercedes Martelo de la Mata, coa intención de facelo sede do concello; acompañárono Andrés García Ferreiro (secretario do concello), Manuel Alborés Gándara, Víctor Vázquez Varela, Alejandro Lema Trillo, Francisco Lema Sendón, Manuel Lorenzo Pérez, Eliseo-Antonio Lastres López e Segundo, o Xalleiro" (texto do cóengo da Catedral de Santiago de Compostela, Manuel Silva Ferreiro, do ano 1938, Galicia y el Movimiento Nacional: páginas históricas).
Logrou fuxir e agochouse no monte 14 anos e dous meses ata que se entregou en 1950. Permaneceu en Ponteceso, Traba de Laxe, Muxía, Vimianzo e Cee.
Reabriuse o seu proceso e xulgárono en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.
Indultárono de xeito inmediato.
Logo do indulto fixo de contratista e responsabilizouse das obras dos campanarios do santuario da Virxe da Barca, en Muxía (A Coruña), inaugurados en 1959.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.