← Volver atrás

Boedo Núñez, José-Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Executado

Nacemento:

Oleiros
(A Coruña)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 11/09/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel e sindicalista, 24 anos. Casado. Veciño do conflitivo barrio de San Xosé, A Silva, na Coruña. Fillo de José Boedo López, executado o día 19/08/1936, e irmán de Manuel Boedo Núñez, de 16 anos e exiliado, e de José Boedo Núñez, Pucho Boedo, quen cando morreu seu pai contaba sete anos.

Anarquista. Contador da Sección de Albaneis do Sindicato Único do Ramo da Construción, da CNT, en 1933. Socio do Centro de Estudos Sociais Germinal e do ateneo libertario El Resplandor en el Abismo do barrio coruñés da Silva.

Acusado pola Policía Armada de provocar sabotaxes contra os patróns coruñeses con Arturo Meirás Martínez, 24 anos, fontaneiro; Antonio Prenas Illobre, 28 anos, albanel, ou Américo Gómez Carro, 23 anos, fontaneiro.

Encarcerado. Executado.

Cando se produce o levantamento militar, con outros moitos veciños da Silva, estivo na resistencia armada. Mentres a súa familia sufría torturas e asasinatos, el tivo que andar agochado.

José-Antonio figura, entre outras persoas, nun informe da Dirección Xeral de Policía no que se indica: “En la prisión de esta capital se encuentran detenidos y algunos de ellos sometidos a procedimiento Militar, los dirigentes del Frente Popular y elementos extremistas siguientes...”.

Un dos participantes no intento de Fuga do Portiño (A Coruña) na noite do 3 ao 4 de marzo de 1937.

O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro da Coruña para preparar unha evasión masiva, fálase de que se implicaran unhas 100 persoas da CNT, da FAI, das XXLL, do PCE, do PSOE, de ER... Posiblemente por mor dunha delación, a Garda Civil rodeou a zona e prenderon a 27 persoas (a 19 fusiláronos máis tarde). Moitos guindáronse ao mar, desde moita altura, nunha última procura de fuxida; 4, polo menos, afogaron.

Boedo logrou fuxir nun primeiro momento pero prendérono o día 07/06/1937.

Morreron afogados: Emilio Rodríguez Doldán, Xanetas, empregado; Genaro Pazos Maceira, xornaleiro; Manuel Doldán Don, e un descoñecido de iniciais L.C.G.

Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 362/37.

Os fusilados entre setembro e outubro de 1937 foron: Manuel Baldomir Vázquez, Cebolo, zapateiro; Manuel Bergantiños Pose, Chasco, albanel; José-Antonio Boedo Núñez, albanel; Gregorio Cardoso Francisco; Aurelio Castillo Barreiro, albanel; Francisco Díaz Moreno, pintor; Ramón Díaz Valeiro, tipógrafo; Salvador-Mateo Domingo Lliso, oficinista; Alejandro Dopico Saleta, mariñeiro; Pedro Fernández Ferreiro, panadeiro; Ramiro Fontenla Andújar; José García Vázquez, empregado; Ramón González Canosa, dependente; Luis Lafuente Naveira, Reseco, carpinteiro; Antonio Lorenzo García, barbeiro; Federico Rivadulla Rivero, Iquiño; José Rodríguez Serantes, Sarxento, xornaleiro; Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González, panadeiro. A 18 fusiláronos o día 09/10/1937 e a Boedo Núñez un mes antes, o día 11/09/1937.

Condenaron á pena de morte, no ano 1938, a Enrique-Rodrigo-Antonio-Santos González Mathe; a súa pena conmutáronlla pola de cadea perpetua.

Castigaron á pena de cadea perpetua a: José Castro Añón, pintor; Primo Fajardo Lojo, mariñeiro; Manuel Fernández Blanco, chofer; Mario Fernández Granell, pintor; Fernando López Mantiñán, carpinteiro; Manuel Rodríguez Manresa, xornaleiro; Manuel Parga Suárez; Ricardo Parrondo Ortega, fogueiro; Enrique Roca Gantes e Ramón Varela Rodal, fogueiro.

Condenaron a 15 anos de prisión a: Fernando Castelo Pérez, barbeiro, e Carlos Pérez Fontenla, empregado.

Aos gardas civís que participaron felicitáronos os seus superiores.

Xulgado en consello de guerra na Coruña, o día 09/07/1937, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas ás 06:30 h na Coruña.

Soterrárono o día 11 de setembro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Enrique Expósito González.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.