Nacemento:
Morte:
Latoeiro e político, 52 anos. Casado con Victorina Gómez; tiñan nove fillos. Veciños de Cee (A Coruña). Empregado da Fábrica de Carburos Metálicos de Brens, en Cee.
Militante de Esquerda Republicana (ER), foi 3º tenente de alcalde de Cee en 1935 e tamén 3º tenente de alcalde na corporación de 1936.
Tiña de compañeiro na Corporación de Cee de 1936, entre outras persoas, a Casto Caamaño García, sancionado.
Executado.
Participou nas concentración antifascista do día 18/07/1936 en Cee e foi un dos que animou aos obreiros a opoñer resistencia aos rebeldes.
O entón xefe da fábrica de Brens, o italiano Eduardo Garrone de Cristófaris, delatouno xunto con outros compañeiros, en sucesivas declaracións e informes diante dos rebeldes como persoas "indesexables", "perigosas", "revolucionarias", "exaltados" e "marxistas", polo simple feito do seu compromiso e pensamento político e sindical. Acusounos de liderar unha folga de operarios organizada o día 21/07/1936 en contra do golpe militar e en defensa da propia factoría e do pobo de Cee.
Prendérono os franquistas o día 25/08/1936 con Manuel García Castiñeira e ingresáronos na Prisión Provincial da Coruña.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1112/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Proceso contra varios veciños de Cee.
No sinalado xuízo o tribunal condenou á pena de morte a: Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Domingo López Domínguez, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa; castigaron coa cadea perpetua a: José Díaz Cernadas, Jacobo González Mosquera e Antonio Sambade Caamaño; pena de 12 anos e un día para Vicente Mejuto Leis; ditaron sentenza de sobresemento para: Jesús Fernández Rodríguez e Manuel Lago Domínguez; declararon fuxido a Victoriano Blanco Fiuza.
Fusilado na Polvoreira de Durmideiras, preto da Punta Herminia, na Coruña, ás 07:00 h (no Campo da Rata?). Pasado polas armas.
Este día fusilaron os seguintes uxetistas de Cee, empregados da Fábrica de Carburos Metálicos e condenados á pena de morte neste xuízo: Florentino Canosa Barreiro, mecánico; Jesús Chouza Figueiras, Gorrión, latoeiro; Manuel García Castiñeira, Moledo, mecánico; José Lago Fernández, Granado; Domingo López Domínguez, carpinteiro; Teófilo Mejuto Leis, chofer; Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa, Tribolín, electricista.
Soterrárono o día 9 de decembro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Antonio Barbeito Espiñeira, Florentino Canosa Barreiros, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Máximo López Acea, Obdulio López Acea, Ricardo López Acea, Ramón López Amado, Domingo López Domínguez, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago, Perfecto Trasmonte Costa e Antonio Varela Sanjurjo.
Nalgunhas fontes figura co segundo apelido como Filgueiras.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.