Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 21 anos. Veciño de San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo).
Colaboracionista.
Evaristo González Pérez, Rocesvinto, morreu no enfrontamento de Repil e O Piricallo, Chavaga, do día 20/04/1949, no que interviñeron 60 gardas civís de Ponferrada (León) e de Monforte de Lemos (Lugo), despois da delación de Jesús Costoya López, xenro dunha das familia das casas onde se agochaban.
Guillermo Morán García, Asturiano, Julián Acebo Alberca, Guardiña; Gregorio Colmenero Fernández, o Porreto de Torbeo, morreron cando tentaban romper o cerco das forzas represivas. Tamén finaron, probablemente por suicidio, Evaristo González Pérez, Rocesvinto; Ramón López Casanova e María López Casanova; estes dous últimos eran enlaces e os donos da casa e executáronos en represalia. Fermín Gutiérrez Lada, Segura, foi quen de fuxir e a Luisa López Centeno, compañeira de Rocesvinto, ferírona e prendérona.
A redada contou coa colaboración dun infiltrado da Garda Civil na guerrilla, Jesús Costoya López, Senén, que sería quen deu o aviso da presenza de fuxidos na zona de Chavaga. Por mor dos cartos que lle ofreceu a Garda Civil (50.000 pesetas neste caso), este enlace colaborou co comandante Miguel Arricivita Vidondo e co infiltrado Francisco Cano Román, Comandante Félix.
A Costoya prendérono o día 08/11/1957 e, por orde do tenente coronel da Comandancia de Lugo, deixárono en liberdade por un informe que o consideraba infiltrado. Semella que cobrou moitos cartos das forzas represoras por descubrir tantos guerrilleiros, enlaces e apoios.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.