← Volver atrás

Díaz Milia, Claudio

Alcume: Manolete, Carrasco
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Infiltrado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1919 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Policía. Veciño de Madrid. Casou en agosto de 1944 con María-Luz-Divina Iglesias Blanco.

Infiltrado.

Infiltrado na guerrilla entre o 16 e o 19 de maio de 1946, incorporándose á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) con José Dasilva Bartomeu, Moreno, despois de contactar con Manuel-Luis Bello Parga e integrárono no Destacamento Santiago Álvarez da IV Agrupación do EGG.

Participou no atentado guerrilleiro a unha estación de Radio Nacional de España (RNE) na Coruña.

Tamén tomou parte con Pedro Rodríguez Gómez; José Remuiñán Barreiro, Ricardito, Simeón; José Blanco Núñez, Ferreirín, Pepito; José Santiago Temprano, Henares, Hornaca, e Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, o Soldado de Deixebre, na reclamación dunha sanción económica de 30.000 pesetas ao alcalde franquista de Cerceda (A Coruña).

O día 26/06/1946 delatou aos guerrilleiros aos que atacou a Garda Civil na Chousa do Urzal, Cestaños, Santa Mariña de Parada, Ordes (A Coruña). No enfrontamento morreu Antonio Recouso Boquete e feriron a José Blanco Núñez, José Santiago Temprano e Enrique Ferreirós Candamo. Pedro Rodríguez Gómez resultou ileso.

Desertou da guerrilla o día 28/07/1946 cando a súa partida, do grupo de Manuel Ponte Pedreira, se acubillaba nunha adega preto de Ordes. Claudio avisou á Garda Civil de Ordes e houbo un enfrontamento que se saldou coa retirada das dúas partes contendentes. Como consecuencia da traizón de Claudio arrestaron unhas 300 persoas o que deixou á guerrilla sen apoios. A súa información tamén permitiu a detención en Carballo (A Coruña), o día 18/08/1948, de Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha