← Volver atrás

Fernández Armada, Oliveros

Alcume: Negrín
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Traspena, Santiago de Covas, Baralla
(Lugo)
- 01/01/1923 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña uns 13 anos. Militante do PCE.

Fuxido. Exiliado.

Enlace da guerrilla queimado, no ano 1945 ingresou na Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

O xulgado militar de Lugo encartouno por roubo a man armada e relación con bandoleiros na causa 177/46.

Desde 1947 está integrado na II Agrupación da FG na zona do Bierzo, no grupo que dirixe Silverio Yebra Granja, o Atravesado, e que tiña como comisario político a Francisco Martínez López, Quico.

En 1948 negouse a marchar a Francia e a finais dese ano actuaba na fronteira entre as provincias de Lugo e León cos cenetistas Abelardo Macías Fernández e Victorino Nieto Rodríguez, o socialista Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido, e Alpidia García Moral.

O dia 27/10/1948 un grupo de cinco resistentes agochados da aldea de Castañeiras, Balboa sostivo un enfrontamento con forzas da Garda Civil no que morreu o número da Benemérita Sabas Andrés Salazar. Os guerrilleiros que fuxiron foron: Manuel Gutiérrez Abella; Edelmiro Alonso García, Delmiro; Pedro Lamas Cerezales; Oliveros Fernández Armada, Negrín, e Adoración Campo Canedo.

O día 17/03/1949 as forzas da Garda Civil sorprenderon o seu grupo en Villasinde, Vega de Valcarce (León) e no enfrontamento morreron Abelardo Macías, Hilario Álvarez e Alpidia. Victorino Nieto e Oliveros Fernández conseguiron fuxir.

Volvérono reclamar en outubro de 1949 no xulgado militar de Lugo na causa 318/49.

No ano 1950 Oliveros logrou pasar a Francia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha