Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 24 anos. Solteiro. Veciño de Covas. Fillo de Ramona Fuentes Díaz, procesada por agochar os seus fillos. Irmán de Cesáreo Fuentes Díaz, Cesáreo da Rula, fuxido e logo condenado a cadea perpetua.
Prendérono en outubro de 1934 polo delito de atentado con explosivos; encarcerárono do 29/10/1934 ata o 12/06/1935.
Militante do PCE.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Despois do alzamento militar foxe ao monte, xulgárono na Coruña e declarárono fuxido e en rebeldía.
O día 24/06/1937 participou en Viveiro no fracasado intento de asalto da tarrafa Nuestra Señora de los Dolores co obxectivo de fuxir á zona republicana.
Participaron nesta tentativa, entre outros, os veciños de Viveiro: Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; o seu irmán Cesáreo Fuentes Díaz, Cesáreo da Rula; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo, e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana. Tamén tomou parte o veciño de Celeiro (Lugo) Francisco Gómez Núñez, Trotski, Penabad.
Xulgado en Lugo por tenencia de explosivos, na causa 59/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Neste proceso tamén declararon fuxido a Tomás Álvarez Insua.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de deserción, na causa 148/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de asasinato de Juan Fernández Casal, na causa 667/39, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do 31/10/1939.
Guerrilleiro da Partida de Curuxás que comandaba Ramón Rodríguez Varela, Curuxás; activo na zona de Viveiro.
Por este grupo pasaron: Hilario Arroyo Medina, Medina; José-Luis Castro Veiga, o Piloto; José Díaz; Manuel Fernández Valle, Portafondón; Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Celestino Horta Resúa; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Avelino Méndez Suárez, Asturiano; Lisardo Núñez; Guillermo Paredes Viñas, Guillermo da Canteira; Ramón Rodríguez Varela, Curuxás; Abdón Telesforo Vázquez e José Vázquez Otero.
No ano 1945 integrouse no grupo de Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, que se ocupaba das zonas de Melide e o Alto Ulla.
Implicado na morte do cura de Santiago de Meire, Melide (A Coruña), Juan Penide Fernández, Mingacho, co seu compañeiro Curuxás.
O día 2 de febreiro de 1946 deixa Valero con cinco compañeiros (entre eles o militante da UXT Jesús-María Iglesias Escourido e Francisco Gómez Núñez) para ir a Palas de Rei. Ao medio día, despois dun encontro fortuíto coa Garda Civil entre Ulloa e Leilón, morre e aos seus compañeiros feríronos. Tamén finou nesta acción o cura Francisco Salgado Agra, que estaba cos gardas civís, e feriron ao número da Garda Civil Félix Rodríguez Celeiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.