Nacemento:
Morte:
Tiña 32 anos. Casado con Dolores Núñez; tiñan cinco fillos.
Membro do Sindicato de Obreiros Mineiros e militante da Agrupación Socialista (AS) de Olloniego, da que era vicepresidente no ano 1937.
Fuxido. Encarcerado.
Despois da caída da Fronte Norte foxe ao monte.
Pertenceu ao grupo de resistentes dos irmáns Guillermo Morán García e Mario Morán García.
A finais do ano 1939 formou parte do grupo de oito socialistas, que capitaneados por Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, tentaron acadar Porto (Portugal) para escapar da represión dos golpistas. Compoñían a partida: Gafas; Tomás Fernández Castro, Capitán Fantasma; Manuel-Luis Gómez Bueno, Pambarato; Aladino Suárez González, Aladino; Ovidio González Vázquez, o Pollón; Amador Pello Bárcena; José-Benjamín Pello Bárcena e Ángel Rodríguez Saldaña. Eran todos de Olloniego.
Diante das presións da policía portuguesa, tiveron que regresar á provincia de Ourense e, moitos deles, de alía pasaron outra vez ao Principado de Asturias na procura de armas.
En agosto de 1940 volverían tentalo en varios grupos. O taxi no que ían Marcelino Fernández Villanueva, Gafas; Gilberto Cuadrado Soto, Gipi; Manuel-Luis Gómez Bueno, Pambarato, e Manuel Rodríguez Fernández (nado no Principado de Asturias) interceptárono en Vinhais, Bragança (Portugal). Gilberto Cuadrado morreu no enfrontamento e a Manuel Rodríguez prendérono; Gafas e Gómez Bueno poden fuxir, o último ferido nun brazo.
Gafas volve cara Ourense e Pambarato permanece en Vinhais para recuperarse das súas feridas.
Ferido e detido pola Garda Civil e a PIDE o día 28/08/1946 en Sernande, Felgueiras, Porto (Portugal), conducírono a Verín (Ourense) e ingrésano no Hospital Militar de Ourense.
Xulgado en consello de guerra en Ourense co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Cando o deixaron en liberdade volveu a Olloniego.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.