← Volver atrás

Gómez González, Serafín

Alcume: o Canas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

San Cibrán de Aldán, Cangas
(Pontevedra)
- 14/04/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 25 anos. Veciño de Piñeiro, San Cibrán de Aldán.

Militante da CNT e vogal de Solidaridad Marinera de Aldán. Afiliado da Agrupación Socialista (AS) da súa localidade.

Encarcerado. Sancionado.

Xulgado en consello de guerra en Pontevedra polo delito de rebelión militar, na causa 790/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

O tribunal militar condenou á pena de morte a: Lorenzo-Santiago-Victoriano Corbacho Rodal, Agustín Jorge Etcheverri, Antonio Fernández Fernández, José Meis Martínez, José-Manuel Millán Costas, Víctor Sánchez Mártil e Antonio Varela Vázquez; castigaron coa cadea perpetua a: José-Miguel Carracelas Álvarez, Germán Chapela Leiro, Francisco Cordeiro Refojo, Gumersindo Gastiasoro Ruiz de Azúa, Serafín Gómez González, Joaquín-José Nores Rodríguez e José-Modesto Rodal Lanzós; penas de 20 anos de cadea para Ismael Costas Caamaño; sentenzas de 12 anos e un día para: Manuel Díaz Carballo, Manuel González Dantas, Manuel Sotelo Alonso, Juan Valladares Taboada e Valentín Villar Soliño; pena de seis anos e un día para Evaristo Dobarro Landín; tamén sentenciaron á cadea a Eduardo García Santos; ditaron auto de absolución para: Eugenio Bermúdez Piñeiro, Ramón Costas Otero, Rafael Rodal Lanzós e Manuel Sotelo Suárez; sobresemento para: Indalecio Cruz Ramos; declararon fuxido a José Moreira Espiño. Tamén enxuizaron a: Aniceto Franco Durán, Estanislao Mallo Martínez, Jesús-Daniel Millán Costas, Rufino Miranda Cabral, Ángel-Emilio Nores Rodríguez, Manuel Piñeiro Pastoriza, Ángel Rial Vidal, Camilo Rodal Rodal, Secundino Ruibal Villar, Vicente Sáez Ruiz, Luis Soliño Acuña e Adonis-Jesús Teixeira Alonso.

Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Pontevedra.

Xulgado por responsabilidades políticas e castigado con 100 pesetas de multa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha