← Volver atrás

Lorenzo García, Laura

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesada

Nacemento:

Fisterra
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Repartidora de leite, 28 anos. Solteira. Veciña da rúa San Amaro, 6-1º, na Coruña. Irmá de Antonio Lorenzo García, executado.

Considerada comunista polos axentes de policía.

Procesada.

Detida en xullo de 1937 a raíz dos sucesos que seguiron á coñecida como “Caída das Atochas”, operación da policía represora do día 10/07/1937 contra da Federación Anarquista Ibérica (FAI).

Unha das acusadas de servir de enlace na tentativa de fuga do vapor boniteiro Explorador.

O pesqueiro Explorador saíu para a marea desde o porto da Coruña o día 11/07/1937 e á tripulación prendérona en Vigo (Pontevedra), o día 09/08/1937, cando descargaban a pesca da marea e baixo a acusación de tentativa de fuxida á zona republicana. A organización deste intento correu a cargo de persoas vencelladas a El Despertar Marítimo, da CNT.

Os detidos en Vigo foron: Juan Arufe Romero, mariñeiro; Juan Bayolo Deus, mariñeiro, CNT; Andrés Bilbao García, albanel, SRI; Ramón Castro Rodríguez, fogueiro, CNT; José Feito García, barbeiro, PCE; Manuel Lodeiro Otero, mariñeiro, CNT; Manuel Malvido Martínez, mariñeiro; Aquilino Parapar Franco, mariñeiro, CNT; Alejandro Paz González, mariñeiro, CNT; Raimundo Santiago Pereira, mariñeiro; Victoriano Santos Campelo, mariñeiro, CNT e organizador; Domingo Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador; Juan Serrano Insua, mariñeiro, CNT e organizador.

Tamén prenderon na Coruña, implicados como organizadores ou enlaces desta fuxida, a: José Gómez Roibal, fogueiro, CNT; Primitiva Lodeiro Otero, modista, CNT; José Longueira Bermúdez, pintor, CNT; Laura Lorenzo García, leiteira, PCE; Teresa Novelle Rodríguez, traballo na casa, PCE; Manuel Rodellino Carballo, zapateiro, CNT e Antonio Torres López, CNT.

Xulgada en consello de guerra na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha