Nacemento:
Morte:
Tipógrafo, sindicalista e político, 37 anos. Veciño da rúa dos Basquiños, 21, en Santiago de Compostela. Irmán de José Maroño Calvo, executado o mesmo dia ca el. Tipógrafo na imprenta do Seminario Conciliar desde que tiña vinte anos.
Dirixente do Comité Local do PSOE en Santiago de Compostela, da que foi secretario en 1931 e 1936. Vicepresidente da CNT en 1921 e presidente en 1924; logo pasou á UXT, onde ocupou cargos dirixentes. Foi secretario da Asociación Tipográfica. Estivo vencellado a varias seccións sindicais.
Prendérono durante a folga xeran de outubro de 1934 por participar nunha reunión clandestina na taberna Padre Benito e liberárono un día despois, perdeu o seu poste de traballo na imprenta pero foi readmitido logo de que o absolveran no mes de decembro seguinte.
Executado.
No momento de producirse o alzamento golpista Fernando Barcia Beiras preside o Comité de Defensa da República que tratou de frear a sublevación militar. Neste comité estiveron: José Miguel Alcalde, Celestino Barcia, Fernando Barcia Beiras, Francisco Fernández del Riego, Rafael Frade Peña, Samuel Gómez, Jesús Hortas, Juan López Touriño, Manuel Maroño Calvo, Ricardo Nogueira, Domingo Pardo Corredoira, Modesto Pasín Noya, José Pasín Romero, Luis Rastrollo González, Jesús Rodríguez, Ricardo Rosende, Cándido Sánchez Rodríguez, Jesús Vieiro Gómez, José Vila, Marcial Villamor Varela.
Prendéronos os fascistas en Vista Alegre, na casa da moza, e ingresárono na cadea da Falcona, no Pazo de Raxoi o día 30/08/1936.
Responsable da defensa do Convento do Carmen. Membro do Comité de Defensa da República en representación dos sindicatos.
Xulgado en consello de guerra o día 19/11/1936 en Santiago de Compostela con outras 11 persoas do Comité Local da Fronte Popular polo delito de traizón, na causa 231/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Fusilárono os franquistas nos muros do cemiterio de Boisaca co seu irmán José.
Nesta operación represora asasinaron a: Fernando Domínguez Caamaño, funcionario; Rafael Frade Peña, estudante; José Germán Fernández, político; José Maroño Calvo, tipógrafo; Manuel Maroño Calvo, tipógrafo; Luis Martínez Nouche, funcionario; Rafael Pardo Carmona, mestre; Modesto Pasín Noya, pintor; Francisco Ponte Ces, zapateiro, e Luis Rastrollo González, mestre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.